Non sei se vos decatastes,
que dun tempo a esta parte,
estou desaparecido,
que non dou señais de vida…
que nin canto, nin asubio!!
Que non me dan un repouso,
o churrasco mais o viño,
o cocido e a cervexa,
e as foliadas e as festas…
que me perden o sentido!!
E así me atoparedes,
ata o vindeiro día cinco,
facendo bo un refrán,
que non vou rematar dicindo.
Unha perta para todos,
dende os montes da Xarela,
a berros de “Viva Lalín”
con razón e mais sen ela,
e a pesar de transfuguismos,
e políticos baratos,
de caudillos e caciques,
que presumen de beatos,
vivindo dos amiguismos,
e presumindo de altura,
cando non lle chegan ao pobo,
nin as solas dos zapatos.
E vou deixar aquí a cousa,
que me coñezo e me quento…
Pra cada un deles, unha hostia,
e se se queixan… un cento!!
Pois non lembro o porqué, nin cando escribín esto. Acabo de atopalo na miña maleta da desorde.