A BOLSA D’AUGA


A BOLSA D’AUGA
……Xa van alá uns cuantos anos, de cando os invernos eran invernos de verdade, duros… moi duros. Cando da quentura da lareira iase pra cama que estaba fría coma un demomio no conxelador, e cando as sábenas e mantas aquelas de liño, que pesaban coma lousas non quentaban un can. Pra aliviar o frio da cama, metiamos unha tella ou un ladrillo nas brasas da lareira e así quente, envolvíámolo nun pano e metiámolo na cama para que queceran os pes.
……Andando o tempo, apareceron unhas bolsas-botellas de goma, que se enchían de auga fervendo e facían o mesmo traballo que as tellas e os ladrillos, amais eran mais comodas e limpas.
……Pois nun dises anos, cando nas aldeas había aqueles centros comerciais e culturais que se chamaban “Tabernas” chegou pola mañá cedo a unha delas un veciño pra quentar o corpo con aqueles chatos, mistura de viño Sansón e augardente, e que facían arrandear as moscas que bebían as pingas que quedaban no mostrador. Botou un traguiño, e díxolle ao taberneiro;
……– Oes, veño aterecido de frío. Esta noite nin me queceron os pes co frio que facía.
……– Eló, non tes a bolsa de auja que che vendín no outronte?
……– Si ó. Teño, pero é nada que vai pra ninjures. As dúas primeiras horas moi ben, pero así que perde a calor, aínda é mais fría cas sabenas.
……– Pois nada home. Proba cun jato. Pos un jato nos pes que son quentiños e están sempre á misma temperatura, e xa mirarás como tes os pes quentiños durante a noite inteira.
……Pro outro día, o paisaniño volveu entrar na taberna, e o taberneiro, decatándose de que traía a cara e as mans todas rabuñadas, díxolle:
……– Coñó, e logo, seica tiñas a navalla sen asentar, ou?
……– Que vá home, que vá!  Intentei facer o que me dixeches onte co jato pra ter os pes quentiños. Oes, o embudo mais mal que ben, aínda llo fun metendo ata a jorxa, pero a auja fervendo non houbo Cristo bendito… e mira que pelexei con el durante toda a noite!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s