VALSE DO MAR

VALSE DO MAR

Fermoso valse canta o mar,
mesmo dan ganas de bailar,
mentras a lua e seu brilar,
dibuxan sombras no areal.

Fermoso valse canta o mar,
mesmo dan ganas de bailar,
tal como fai a escuma,
que ó son das ondas,
sobre a auga vai.

Nunha noite de vrao,
en tempo de lecer,
vexo o día nacer,
e está cantando o mar.

Sensos a flor de pel,
bicos que a noite da.
Que doce a soedá,
na que só se escoita,
como canta o mar.

Fermoso valse…

A noite esmoreceu,
e no meu despertar,
segue o valse a soar,
saudando ó mencer.

Dornas veñen e van,
sobre o berce do mar.
gaivotas que ó voar,
bailan e dibuxan
o valse do mar.

Fermoso valse…

LETRA: Xosé Iglesias Fernández
MUSICA: Juan José Mariño Viñas.

Advertisements

UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE

UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE

          Manoliño do Cachuzo, marchara pra Pontevedra a facer a mili, tal como faciamos todos os mozos por aqueles anos. A coñecer mundo, dicían úns. Pra sair da casa e perder a vergoña, dicía o cura. Pra perder o tempo, diciámos nós. Así que coma todos, saíu da aldea e foi facer a mili ó cuartel de Figueirido.

          Un día, ó rematar as maniobras, e como agasaio por ser bós soldados, mais polo valor que se lles supoñía, díronlles premiso de fin de semán. Manoliño en vez dir pra súa casa na aldea, foi pra dun compañeiro de camareta que era de Arcade, e do que se fixo moi amigo, que o convidou a pasar alí un fin de semán.

          E así foi. Chegaron a Arcade o sábado polo medio do día e antes de ir xantar, foron papar unhas ostras cuns viños a unha ostrería, que para iso Arcade é a terra das ostras. Papou tres ducias delas, e tanto lle gustaron que lle dixo ó seu amigo:

          – Quen me dera mandarlle unhas poucas ós meus pais pra que as proben. De seguro que lle iban gustar ben.

          – Pois mándallas polo coche de liña. Dicímoslle ó taberneiro que che prepare unha caixa delas e mañá mándasllas polo coche de Lugo.

          Dito e feito. Pro outro día tíñanlle preparada unha caixa de madeira con seis ducias de ostras moi ben envoltiñas nuns manoxos de algas pra que se mantiveran frescas e non levaran golpes durante a viaxe. Levounas ao autobús e acompañou a caixa con unha nota pros seus pais, na que ademais dos contos da mili dicíalles;  “Mándovos tamén unha caixa de ostras pra que vexades que cousas tan ricas comen as xentes dos pobos da veira do mar, e xa me contaredes se vos gustan

          Os poucos días chegoulle ó cuartel unha carta da súa nai, na que entre outras cousas dicíalle: “ Tamén che direi que comemos as ostras que nos mandaches. Fixen o caldo con elas en vez de coas navizas de sempre. A min non che me justaron moito, pero ó teu pai que é de bo dente, que ben sabes que come de todo,  justáronlle moitísimo, e dí que a ver se cando veñas, traes unha pouca de semente pra botar entre os repolos e así poder telas todo o ano. O que non soupemos moi ben, foi pra que eran as pedras que mandaches envoltas nelas. O teu pai tirounas pro medio da eira e andan os jatos todo o día xojando con elas, ate parece como si as quixeran abrir pensando que teñen algún berme dentro”

ostras-gillardeau-las-mejores-ostras-del-mundo-01

ODA A UN TRÁNSFUGA

ODA A UN TRÁNSFUGA
Un escultor afamado,
pero de xenio traveso,
fixo un tránsfuga de ieso,
e puxo un porco ao seu lado.

E mirando pra escultura,
preguntoulle ao seu veciño,
quen diles era o porquiño,
e cal dos dous o caradura.

Non topando a diferencia,
foille perguntar ao cura,
que respostou con mesura:
Son iguais en apariencia!

Dedicado a Mini Rivas Cruz, exalcalde de Boimorto, e a Rafael Cuíña Aparicio, alcalde de Lalín, que sofriron nas súas propias carnes os efectos do transfuguismo.