A NOVE CINCOENTA A RACIÓN!


A NOVE CINCOENTA A RACIÓN!

Boas noites meus amigos,
mirai que vos vou contar,
dun suceso acontecido,
pola hora do xantar.

Sendo o día de Galicia,
e do Patrón Santiaguiño,
acompañei a uns amigos,
para ir comer o pulpiño.

Aceitadiño e picante,
ben cocido… no seu punto!
Viño tinto e pan de Cea,
para acompañal-o asunto.

Alí botamos catro horas,
entre cantiga e cantiga.
Foi unha fermosa tarde,
polas terras de Loriga*.

E aló ao rematar a cousa,
chamamos pola pulpeira,
para pagar as racións,
do tan rico pulpo á feira.

Que lle debemos señora?
E afine ben o punteiro!
Fixo as contas de memoria,
mentres rascaba o sombreiro.

Jesusiño de mi vida!
Que sería o que rachamos!
Miramos uns para outros,
polo susto que levamos!

Deixounos coa boca aberta,
e cortada a dixestión-he,
cando sorindo nos dice…
a nove cincoenta a ración-he!

Que carallo terá o pulpo,
que acompañando ás sardiñas,
acabarán por pechalos,
cun candado nas vetriñas.

E que decir dos pulperiros!
Mirai que finos vos són…
a mais de subir o prezo,
van encollendo a ración!

Dis que abusamos da pesca,
que nos pasamos un chisco,
que o sabroso pulpo á feira,
ben lle gusta a todo Cristo!

Remato tan triste historia,
xogando a ser adeviño,
ao pensar que o bacallau,
leva parello destiño.

I esta foi a triste historia,
que nos deixou dunha peza,
sendo duros como somos,
os da bisbarra do Deza.

*Loriga: Joaquín Loriga Taboada (Lalín (Pontevedra), 23 de setembro de 1895 – aeródromo de Catro Ventos, Madrid 18 de xullo de 1927) foi un aviador  que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila.

 

Advertisements

2 thoughts on “A NOVE CINCOENTA A RACIÓN!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s