FESTIVAL FIN DE CURSO. “Escola de Acordeóns de Campelo”


MOITAS GRAZAS.
…..A “Juan José Mariño” por convidarme o pasado domingo dia un de Xullo, ao festival que organizou como remate do fin do curso da escola.
…..E grazas á “Escola de Acordeóns de Campelo” por deixarme cantar con eles a Rianxeira, peza coa que rematában a súa festa.
…..Non vos pedín permiso para cantala. E a verdade é, que nin siquera tiña pensado facelo porque xa empezarades a tocar.
…..Eu xa cantara o que me correspondía e etaba ao lado dos gaiteiros na parte de atrás do escenario. Pero é que coa música tradicional, pásame unha cousa moi rara… quéntome e férvene o sangue de tal xeito, que teño que cantar si ou si!! E mais cando escoito o ben que tocades e o ben dirixidos que estades polo voso mestre Juan José.
…..Se vos digo a verdade, non o pensei dúas veces… mirei que o único micro que estgaba libre era o do presentador, e que este, estaba inflándo o fol da súa gaita para tocar tamén.
…..Así que alá fun. Botei man do micro, e disfrutei da “Rianxeira” como poucas veces o fixera antes.
…..Para completar a cousa, Julio e Carlos botaron man das gaitas, e toda a xente que enchía o auditorio e pasillos, acompañaron a cantiga como se fora un coro que ensaia tres veces á semán.
…..Saiu perfecto, a verdade que si.
…..Así que, moitísimas grazas a todos por todo, e mais, polo cariño que me amosástedes moitos de vós.
…..Asegúrovos que foi unha auténtica ledicia acompañarvos, e pasar un fermoso serán de música con todos vós.
…..Lembrarei sempre este día. Unha perta para todos!

4 thoughts on “FESTIVAL FIN DE CURSO. “Escola de Acordeóns de Campelo”

    • A verdade que si Juan. Unha magoa non falalo antes e cantala inteira. Pero bueno, as cousas sen preparar son as que mellor saen.
      A verdade é que disfrutei como un neno co chupete, cando me decatei que cantaban todos.
      Unha perta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s