GRAZAS POR TODO, HERNÁN.

LA VIDA TE DA SORPRESAS…SORPRESAS TE DA LA VIDA!!!
……No baixo do edificio onde eu vivo, na rúa Juan Carlos I de Pontevedra, hai un Restaurante/Cafetería, onde paso os ratos de lecer de boa gana e cando me presta facelo. Non vou decir o nome porque non pedín permiso. Nela, traballa un camareiro ecuatoriano que se chama Hernán.
……Ata aquí todo normal se non fora porque Hernán, é un dises tipos que lle cae ben a todo o mundo. Que te recibe cun sorriso nos beizos sexa a hora que sexa, e durante a súa dura xornada de traballo. Mesmo parece que xa che se alegrou o día  con tan solo mirar pra el.
……E non só iso. É que nunca lle mirei unha mala cara con ninguén, nin ao revés. O trato que recibo dél, sempre é exquisito. Ata lle levo berrado moitas veces para que me chame Pepe a secas, sen o señor diante, pero non hai maneira de que o consiga.
……Pois resulta que fai uns días, falábame de que seguía as miñas cantigas polo You Tube. Que non entendía moi ben o galego nin a nosa música, pero que algunhas das miñas cantigas, gustabanlle moito. Ata me chegou a preguntar o que quería decir en algunha delas.
……Suscribiuse a miña canle, mirei que lle daba un “me gusta” a algunha delas, cousa que para min era unha ledicia, porque entendo que a nosa música tradicional, e moi dificil de comprender para esta xente tan allea a nosa cultura.
……Onte, cando cheguei atendeume co sorriso de sempre. Díxome:
……– Señor Pepe, le voi a confesar una cosa. La música és mi gran pasión. Cuando vivia en Ecuador cantaba con una gente de allí y con la que disfruté mucho cuando solo tenía 21 años.
……Quiere que le enseñe un video de cómo canto yo?
……Bufff. Vaia sorpresa que me levei!
……Anque a min pásame o mismo coa música latina, que lle pasa a él coa galega. Este tipo de música non me entra de ningún xeito, porque son doutro tempo e dunha cultura moi diferente. Pero a música é a música, e anque sexan de distintas culturas, os músicos sempre acabamos entendendonos, que por algo a música, é o único idioma universal.
……Leveime unha sorpresa moi grande escoitando como canta e como toca a xente que o acompaña.
Que ledicia Hernán. Vaia sorpresa que me deches!
……Rite ti da Panorama, París de Noia e trangalladas desas, que o único que fan, é un circo coa música que vos corresponde a vós, e que sodes quen mellor a cantades.
……En min, sempre terás un amigo para o que che faga falta Herni. Unha perta.

(No video que poño, Hernán é o que canta)

A NOVE EUROS A RACIÓN!

A NOVE EUROS A RACIÓN!

Boas noites meus amigos,
mirai que vos vou contar,
dn suceso acontecido,
sendo a hora do xantar.

Polo día de Galicia,
e do Patrón Santiaguiño,
acompañei a uns amigos,
pra comer con pulpo e viño.

Aceitadiño e picante,
ben cocido… no seu punto!
E viño tinto e pan de Cea,
para acompañal-o asunto.

Alí botamos catro horas,
entre cantiga e cantiga.
Foi unha fermosa tarde,
polas terras de Loriga*.

E aló, ó remata-la cousa,
chamamos pola pulpeira,
para pagalle as racións,
do tan rico pulpo á feira.

Que lle debemos señora?
E afine ben o punteiro!
Fixo as contas de memoria,
mentres rascaba o sombreiro.

Jesusiño de mi vida!
Que sería o que rachamos!
Miramos os úns pros outros,
polo susto que levamos!

Deixounos coa boca aberta,
e cortada a dixestión-he,
cando sorindo nos dice…
a nove euros a ración-he!

Que carallo terá o pulpo,
que acompañando ás sardiñas,
acabarán por pechalos,
cun candado nas vetriñas.

E que decir dos pulpeiros!
Mirai que finos vos són…
a mais de subir o prezo,
van encollendo a ración!

Dis que abusamos da pesca,
que nos pasamos un chisco,
que o sabroso pulpo á feira,
ben lle gusta a todo Cristo!

Remato tan triste historia,
xogando a ser adeviño,
ao pensar que o bacallau,
leva parello destiño.

I esta foi a triste historia,
que nos deixou dunha peza,
sendo duros como somos,
os da bisbarra do Deza.

*Loriga: Joaquín Loriga Taboada (Lalín (Pontevedra), 23 de setembro de 1895 – aeródromo de Catro Ventos, Madrid 18 de xullo de 1927) foi un aviador  que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila.

FESTIVAL FIN DE CURSO. “Escola de Acordeóns de Campelo”

MOITAS GRAZAS.
…..A “Juan José Mariño” por convidarme o pasado domingo dia un de Xullo, ao festival que organizou como remate do fin do curso da escola.
…..E grazas á “Escola de Acordeóns de Campelo” por deixarme cantar con eles a Rianxeira, peza coa que rematában a súa festa.
…..Non vos pedín permiso para cantala. E a verdade é, que nin siquera tiña pensado facelo porque xa empezarades a tocar.
…..Eu xa cantara o que me correspondía e etaba ao lado dos gaiteiros na parte de atrás do escenario. Pero é que coa música tradicional, pásame unha cousa moi rara… quéntome e férvene o sangue de tal xeito, que teño que cantar si ou si!! E mais cando escoito o ben que tocades e o ben dirixidos que estades polo voso mestre Juan José.
…..Se vos digo a verdade, non o pensei dúas veces… mirei que o único micro que estgaba libre era o do presentador, e que este, estaba inflándo o fol da súa gaita para tocar tamén.
…..Así que alá fun. Botei man do micro, e disfrutei da “Rianxeira” como poucas veces o fixera antes.
…..Para completar a cousa, Julio e Carlos botaron man das gaitas, e toda a xente que enchía o auditorio e pasillos, acompañaron a cantiga como se fora un coro que ensaia tres veces á semán.
…..Saiu perfecto, a verdade que si.
…..Así que, moitísimas grazas a todos por todo, e mais, polo cariño que me amosástedes moitos de vós.
…..Asegúrovos que foi unha auténtica ledicia acompañarvos, e pasar un fermoso serán de música con todos vós.
…..Lembrarei sempre este día. Unha perta para todos!