A DESFEITA DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL.


A DESFEITA DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL.

      Non sei se vos pasa a vós, pero eu según vou entrando en anos, e ao volver a vista atrás, énchenseme as noites de moitas lembranzas de cando era cativo na miña aldea, non moi diferente a calquera outra aldea do noso país, onde todos eramos unha familia, onde non había diferencias entre uns e outros, onde se cantaba e se contaban aquelas cousiñas que mantiñan viva a tradición oral dos nosos ancestros, e onde se axudaban os úns aos outros polo mero feito de axudarse e sen ningún interese mais que non fora ese.

      Non tiñamos auditorios, nin centros DIA, nin clubes de xubilados, pero tiñamos centros de reunión veciñal tan fermosos coma o cuberto da casa, a lareira, a cociña económica, as leiras, hortas, muíños, lavadoiros, fontes, etc.

      Agora, anos despois, ao percorrer camiños e  corredoiras, e mirar pras nosas aldeas, véñense as bagoas aos ollos ao ver o abandono e a desfeita que se está a producir no noso patrimonio. Mires pronde mires, o resultado é desolador. O que foi un auténtico paraíso en tempos non moi lonxanos, hoxe adoece entres silveiras, toxos, xestas e hedras.

      As casas de pedra feitas desobedecendo as normas arquitectónicas e erguidas por simples maos que teceron con auténtica beleza os nosos avós, casiñas que deberían ser un paraíso inmortal, finan dunha maneira tráxica.

      Os muíños e horreos, auténticos almacéns de vida, desfeitos.

      Os camiños carreiros e congostras, inaccesibles.

      O que foron as terras mais productivas… leiras de millo, de trigo, centeo e, patacas, morren afogadas por matogueiras.

      O montes, soutos e fragas cheos de carballos, castiñeiros, piornos, acivros,uces, etc. hoxe adoecen afogados, resecos, e desterrados baixo inmensos alcolitais.

      As veces, penso que nós mesmos somos os culpables da desfeita. Por desgraza, somos alleos a ela, e non somos quen de darlla volta ás cousas que representan a nosa identidade cultural e etnográfica.

      Vivimos efectivamente alleos e impasibles ante esta desaparición perante os nosos ollos, e eliximos corporacións municipais e autonómicas que son os culpabales en primeira persoa. Nós, non facemos nada e eles aínda menos.E así nos vai, e así nos irá.

      Cando a sociedade se decate da riqueza cultural e beleza que está deixando estragar, xa será demasiado tarde. Metéronos nos miolos o odio a todo o galego, á nosa lingua, aos nosos bosques autóctonos, e á fermosísima estampa das nosas aldeas. A perda do mundo rural, non solo rematará coas nosas aldeas. Perderemos  con el algo moito mais importante, algo tan valioso como é a nosa identidade como pobo, a nosa cultura e as nosas tradicións ancestrais… esa tradición oral que eu tanto amo, xa está a mitade de camiño da morte por desgraza.

      Polo camiño que levamos, os nosos netos preguntaranlle ós seus pais por que non se parecen en nada aos seus avós, e porqué Galicia tampouco se parece en nada ao que din os libros que era, e porqué a nosa inmensa cultura, foi sustituida por outras alleas.

      Este puñadiño de fotos que vos amoso, non vou decir a onde perteñecen por vergoña allea, e porque iguais a estas podédelas atopar en calquera das nosas aldeas.

      Que sirvan como tarxeta de presentación para nosa vergoña diante dos que veñan visitarnos, e saiban do que está acontecendo no noso rural.

      Unha perta.

 

4 thoughts on “A DESFEITA DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s