UN TAL RISTO MEJIDE …


UN TAL RISTO MEJIDE …
……..E nesto que estaba eu mirando na TV un resumo do progama “Got talent” cando de súpeto, un tipo mal encarado. de roupa enloitada e mirada fúnebre, con un aire moi chulesco, gafas de sábelo todo, e co cu atravesado na silla onde estaba sentado, como se estivese cagando entre os toxos e limpando o cu cuns fentos, deixoume mais esmendrellado que un croio da corredoira que baixa á Devesa.
……..Vaia por diante que non me gustan os concursos de ningunha casta, e menos aínda deste tipo, onde non sei como se pode valorar quen é mellor entre unha mistura rarísima de musicos, bailarís, magos, cantantes de jondo, bailaores, contadores de chistes, contorsionistas, malabaristas, etc.
……..O concurso, solo me gusta pola xente que participa cantando (que os hai moi bós) e polos que fan xogos de maxia.
Pois resulta que unha parella de músicos, antes de concursar, agasaian aos membros do xurado con un disco que acaban de grabar. Despois fan a súa actuación. Son matrimonio, ela canta e el toca a guitarra. Non vou entrar en si o fan ben, mal ou regular.
……..Ao remate, fan valoración os menbros do xurado da actuación, e o señor mal encarado do que falei ao comenzo, dilles mais ou menos:
……..– “A mi no me habeis gustado, es mas, no quiero el disco que me regalasteis y os lo devuelvo, porque total, no lo voy a escuchar”
……..– “Es igual, dejalo” díxolle a rapaza.
……..– “Bueno, si no lo cogeis lo tiro a la basura”
……..Non vou comentar nada sobre a postura do tipo de cara fúnebre, porque teño mais que facer que contestar a un insolente que sofre de diarrea permanente, e que xa se pasara outra vez con unha cantante galega, metendose con ela decindo que cantaría mal porque estaba gorda.
.-……Simplemente, deixarei de mirar o programa, para evitarme os vómitos que me produce mirar para o diarreico personaxe.
……..Debería de saber que hai un vello refrán que di que a cabalo agasaiado, non se lle mira o dente, e non andar facendo o pailán pola vida en diante.
……..Apertas para todos.

sin-tc3adtulo3

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s