A ZOCA E O ZAPATO

A ZOCA E O ZAPATO
Unha zoca peleouse,
cun zapato certo día,
díxolle o zapato á zoca:
Nin de lonxe te quería.

Díxolle a zoca ó zapato:
Pra que te quero cipote,
anque che laven a cara,
quedas negro coma un pote.

Díxolle o zapato á zoca:
Eso tenme sen coidado,
eu son fillo dun bon pai,
lixeiriño e espabilado.

Díxolle a zoca ó zapato:
Eso non me importa nada,
eu son branca e moi feitiña,
encluso repenicada.

Acabouse a guerreada,
seguiron o seu camiño…
A zoca xa se acabou,
o zapato está noviño.

Tradicional. Atopeino escrito nun papeliño sen ningún dato sobre da súa procedencia. Sinto non saber nada dél nin do informante.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

O ROMANCE DA “PINTA” ( nón a de Pinzón)

O ROMANCE DA “PINTA” ( nón a de Pinzón)
Oigan vostedes señores,
o que lles vou a contar.
Aconteceu en Baiona,
en Baiona “La real”

Daquela mandaba alí,
un señor correxidor,
moi galán e zalameiro,
moi xentil e encantador.

Tamén vivia, señores,
un humilde labrador,
Pepe “O Cabeco” chamaban
pequeneiro e falador.

Andando un día co gando,
ás murallas se arrimou,
deixou  á “Pinta” pacendo,
Non sabedes que pasou!

Dende o carón das murallas,
a vaca “PINTA” escapou.
ó ver aqueles manxares,
a vaquiña toleou.

Xa estando a vaca na Palma,
comendo de flor en flor,
veu “Chicho” mais catro gardas,
e pro calabozo a levou.

Moito traballo lles dou,
a vaca comera a eito,
levárona ao calabozo,
sen leerlle os seus dereitos.

Despois de moito lidiar,
o “Chicho” mailo “Cabeco”
ao remate, a xustiza,
deulle a razón ó labrego.

E aqui remata a historia,
da “Pinta” e seu culebrón,
famosa no mundo inteiro,
pero non a de Pinzón!
ESCRIBIUNO:Ramón Pazos Marcote.- Baiona

Nota: Coa efeméride dos 30 anos do xuicio da Pinta, ahí vai a miña homenaxe en forma de Romance

https://www.vigoe.es/comarcas/val-minor/item/15516-30-anos-del-juicio-a-la-vaca-detenida-en-baiona

 

AS MIÑAS TRES ALDEAS

Nun comenzo, cando fixen a cantiga, e nun par se sitios onde a cantei, tituleina “Tres lugares de Lalín” Pero gústoume mais “As miñas tres aldeas” e ao remate é como se titula.

A cantiguiña, está dedicada as aldeas onde nacín e onde me criei, e tamén a toda súa xente, de maneita moi especial a todos aqueles amigos e veciños dos que aprendín o que non se ensinaba na escola de Muimenta, e cos que disfrutei de tantas e tantas cousas. Unha apreta moi especial pra todos, e a miña lembranza pros que xa nos deixaron.

Os rios “grande e pequeno” sempre os coñecimos así entre os veciños, anque teñen nome: O grande é o Arnego e o pequeno o das Abellas.

A Costa, é o monte que abriga ás tres aldeas.

Entevista na Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2017/10/11/span-langglxose-iglesias-adica-unha-cantiga-as-suas-tres-aldeas-lalinspan/0003_201710D11C6994.htm

 

O BALNEARIO DA PONTE VILARIÑO

Fermoso documento sobre a inauguración e declive do balneario, no blogue “Aquam Latam” de Manuel Busto Galego.

BALNEARIO DE CALDELAS DE VILARIÑO (AGOLADA): INAUGURACIÓN E DECLIVE

 En 1963 Manuel Galego Iglesias actuou como fotógrafo e como correspondente do Faro de Vigo dándonos conta da inauguración do Balneario de Caldelas de Vilariño, á que asistiran o propietario do mesmo, D. Antonio Vilariño Vázquez, o Xefe Provincial de Sanidade, D. Julio Casal Castro, acompañado dun químico, D.Juan Ugarte Pollano e o médico-director do balneario, D. Enrique Barcala Loureiro. Previamente as instalacións foran bendicidas polo párroco de Vilariño, D. Manuel Diéguez Diéguez.

O edificio que alberga o manancial e o pavillón de duchas e salas lucían recén remozados. Este manancial foi cualificado e recoñecido como auga mineral o 12 de decembro de 1958 pola Dirección General de Minas. No orde terapéutico foron recoñecidas como augas mineromedicinais pola súa condición acratopega, intensamente alcalina, bicarbonatada sódica e sulfurada, rica en fluoruro sódico e en ácido metasilícico, segundo as análises da época.

O edificio posuía varias salas con bañeiras en dependencias alicatadas.
Igualmente había salas de chorros e consultas.

Vista do corredor central do pavillón principal.

 Nestas imaxes vemos ao propietario, o médico e as autoridades provinciais de Sanidade, o día da inauguración.

O balneario funcionou como tal desde 1963 ata os inicios dos anos 70. Descoñecemos as razóns que provocaron o seu peche. Desde entón os edificios foron abandonados e o declive  e deterioración foron sumándose inexorables.
Estado actual do pavillón central.
O balneario está situado na parroquia de Vilariño, moi preto do río Arnego e da actual Ponte Vilariño. O Arnego posúe outras dúas resurxencias  de augas caldas, unha en Ferreiroa na zona de Paizás e outra preto da Ponte dos Cabalos.
Construción que alberga o manancial, completamente absorbida pola vexetación na actualidade.
O pavillón da fonte presentaba este estado o pasado sábado.

A fonte segue a manar augas caldelas, é dicir mornas, temperaturas que seica oscilan entre os 20 e os 30ºC.

 O pavillón central visto desde a caseta da fonte.

Interior e salas en completo abandono e ruína.

Artículo remitido por Manuel Galego Iglesias a Faro de Vigo o 28-8-1963

Fotos de Xosé Iglesias sacadas no ano 2014