CATALÁNS E MADRILEÑOS


CATALÁNS E MADRILEÑOS
Por se fora pouco o problema dos cataláns, polo que temos que aturar durante todo o día información do asunto en TVs, xornais varios, emisoras de radio, tabernas, velatorios, xuntanzas veciñais, misa de 12… Etc. Etc.
Agora temos que aturar nos mesmos sitios o problema do afundimento do Madrid clube de futbol, en comparanza de cómo afundira o Titanic.

Parece que os dous problemas amarganlle a vida a moitos galegos…
E que a xente sae da misa, e xa non mira as esquelas postas no balado do adro pra saber quen morreu, nin se preocupa de porque non foi ninguén da casa de fulaniño de tal á misa da unha por se lles pasaría algo!
E non se canta nas tabernas coas mesmas ganas, nin se bota a partida de dominó pola preocupación destes dous grandísimos problemas.
Ata parece que o viño está avinagrado pola cara que poñen algúns, e failles mal no estómago, porque vociferan como se estiveran solos no medio do monte, sen respeto algún polos que están ao lado seu e pasan de semellante trapallada.
E a nós como galegos, que nos vai nelo?
Vivamos como galegos, carallo!!
Preocupémonos de por qué se van as empresas galegas coma Fenosa, asteleiros, conserveiras, pesca, Caixas de aforros, leite, etc. e non das que se van de Cataluña.
Preocupémonos do probiño Depor que está no fondo do pozo e do Celtiña, a ver se vai á Chanpions dun demo dunha vez.
Se os puxeramos a todos, cataláns e madrileños digo, a arrincar alcolitros e a prantar un nabo en cada buraco que deixan, mais nos valería.Teriamos nabizas e grelos todo o ano.
Apertas para todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s