UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE


UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE

          Manoliño do Cachuzo, marchara pra Pontevedra a facer a mili tal como faciamos todos os mozos por aqueles anos. A coñecer mundo, dicían úns. Pra sair da casa e perder a vergoña, dicía o cura. Pra perder o tempo, diciámos nós. Así que coma todos, saíu da aldea e foi facer a mili ó cuartel de Figueirido.

          Un día, ó rematar as maniobras, e como agasaio por ser bós soldados, mais polo valor que se lles supoñía, díronlles premiso de fin de semán. Manoliño en vez dir pra súa casa na aldea, foi pra dun compañeiro de camareta que era de Arcade, e do que se fixo moi amigo, que o convidou a pasar alí un fin de semán.

          E así foi. Chegaron a Arcade o sábado polo medio do día e antes de ir xantar, foron papar unhas ostras cuns viños a unha ostrería, que para iso Arcade é a terra das ostras. Papou tres ducias delas, e tanto lle gustaron que lle dixo ó seu amigo:

          – Quen me dera mandarlle unhas poucas ós meus pais pra que as proben. De seguro que lle iban gustar ben.

          – Pois mándallas polo autobús. Dicímoslle ó taberneiro que che prepare unha caixa delas e mañá mándasllas polo coche de Lugo.

          Dito e feito. Pro outro día tíñanlle preparada unha caixa de madeira con seis ducias de ostras moi ben envoltiñas nuns manoxos de algasn pra que se mantiveran frescas e non levaran golpes durante a viaxe. Levounas ao autobús e acompañou a caixa con unha nota pros seus pais, na que ademais dos contos da mili dicíalles;  “Mándovos tamén unha caixa de ostras pra que vexades que cousas tan ricas comen as xentes dos pobos da veira do mar, e xa me contaredes se vos gustan

          Os poucos días chegoulle ó cuartel unha carta da súa nai, na que entre outras cousas dicíalle: “ Tamén che direi que comemos as ostras que nos mandaches. Fixen o caldo con elas en vez de coas navizas de sempre. A min non che me justaron moito, pero ó teu pai, que ben sabes que come de todo,  justáronlle moitísimo, e dí que a ver se cando veñas, traes unha pouca de semente pra botar entre os repolos e así poder telas todo o ano. O que non soupemos foi pra que eran as pedras que mandaches envoltas nelas. O teu pai tirounas pro medio da eira e andan os jatos todo o día xojando con elas, ate parece como si as quixeran abrir pensando que teñen algún berme dentro”

ostras-gillardeau-las-mejores-ostras-del-mundo-01

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s