CONVERSA ENTRE UN AVO E O SEU NETO


CONVERSA ENTRE UN AVO E O SEU NETO

– Ola avoiño, xa facía moito tempo que non viñamos a verte, que tal pola aldea.
– Ben meu filliño, imos tirando da vida ata pasala toda. E ti que tal polo pobo pronde fostedes vivir ajora. Dis que hai moita xente xunta vivindo alí, mira ti. E na aldea xa só quedamos catro vellos, os cans e aljún jato da aldea de riba que ven pronda a jata da señora Eusinda. A Deus grazas que ajora pronto virán as anduriñas, as rulas e as bubelas pra facernos compañía durante uns meses.
– Si viñeras a vivir pro noso piso como dí o papa, non estarías eiquí só e estaríamos xuntos, anque eu agora con iste aparello novo, pouco tempo teño para falar contigo.
– E lojo ise aparello ¿que é?
– E un teléfono móvil.
– ¿Un teléfono dis? Aseméllase mais a unha caixa de puros ca un teléfono.
– Avó, é un “Samsung Smartphone Android Dual Sim 4G”
– ¡¡ Arre carallo !!
-Ademais ten unha cámara de fotos de 8 MP, Bluetooth para cambiar fotos, Radio FM e téñolle unha tarxeta de memoria externa con 3.000 horas de musica.
– ¡¡ Mándache truco !!
– E tamén ten Wassapp para chatear cos amigos.
– ¡¡ Retruco!! E ¿tamén se pode falar por el?
– Tamén avó, non ves que é un Android 4G. Tamén ten Wifi, e estou nunha rede social que se chama Facebook.
– ¡¡ Vaia truco !!
O Avó, estaba pasmado mirando pra velocidade coa que o rapaz golpeaba no teclado mandando as mensaxes.
– ¡¡ Dalle carallo. Dalle forte… a ver si o vas esnaquizar!!
   ¡¡ Mira que che ten truco o carallo do teléfono ese !!
– Bueno avoiño, deixote que vou chatear cos amigos… e ti que vas facer.
– Pois eu irei ata taberna a ver se veñen o Genaro e o Dositeo e hai tres pés mais para botar unha partida ó truco da seis mentras chateamos uns “sol e sombra”. Ademais se sijo o teu lado corro perijo de rematar coa cabeza tola.

Sin título

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s