A MONXA E O LELO


        A MONXA E O LELO

        Nunha das nosas fermosas aldeíñas, e fai xa moitos anos, vivía unha velliña que tiña dous fillos, un rapaz e unha rapaza. A rapaza foise de nova pra un convento e fíxose monxa. O rapaz quedou na casa coa súa nai, pois seica era un pouco lelo e non tiña moito pronde ir.

        Chegou o día en que a velliña morreu, e o rapaz escribiulle unha carta a súa irmá dándolle a mala nova, e decíndolle que viñera o enterro pois había que pagarlle o enterro e os responsos ó cura e él non tiña ni un cán, pois a súa nai o ser probe, non tivo nada pra deixarlles.

         A monxa, chegou a casa de contado e mandou que se fixese o enterro, decindo que ela pagaría todo. E así foi, fíxose o funeral, rezáronse os responsos e enterráron a velliña, pero a hora de pagar, a monxa, que tampouco tiña unha cadela, marchou de volta pro convento sen pagar a débeda.

          Cando ó remate do enterro o cura reclamoulle os cartos ó rapaz, este díxolle:

          – Xa lle vai pagar a miña irmá que é monxa.

          – A túa irma marchou sen pagarme. Dixo que ela non dispoñía de cartos, xa que na súa vida non lle facían falta ó estar casada con Deus.

          – Ah!. Pois entón, que lle pague o meu cuñado.

.

A raiz diste conto tan popular, ven a frase non menos pupular e tan espallada pola nosa Galicia….”Deus cho pague”

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s