SOBRE UN FESTIVAL BENÉFICO EN MARÍN


SOBRE UN FESTIVAL BENÉFICO EN MARIN
……….Decíame onte un bó amigo, falando do caso que vou contar, que cando nunha casa están todos sentados na mesa pra xantar, cada ún cunha culler na man pra comer o caldo no pote que acaban de poñer enriba dela, non é de moi bo gusto que algún con moita fame, coma con cullerón saltándose as leises establecidas pola cordura, e papando tres veces a ración que lle corresponde.
……….Pois se levamos este conto á música, é o mesmo que pasou o día 19 de Decembro no multiusos de Marín, nun festival benéfico no que ian participar sete grupos de música tradicional.
……….Según parece, os distintos grupos, chegaron a un acordo antes do comenzo como se fai sempre nestes casos; cantar uns vinte minutos cada grupo, o que facía que a cousa durase unhas dúas horas e medida mais ou menos, o normal nestas cousas. Eu sempre fun partidario de repartir o tempo de participación e non de acordar o número de cantigas por grupo, pois hai unhas cantigas que duran 10 minutos e hai outras que duran só dous. Pois houbo un grupo que debeu pensar que eran as bombas de palenque da festa, porque fixeron o que lles veu en gana rompendo o acordo establecido… e que se fodan os que veñen detrás!!!  
……….A min, convidoume a ir o meu amigo Benito do grupo “Os Saljariteiros” e aproveitando que estaba en Pontevedra para escoitarlle unhas panxoliñas ó grupo Maravallada, achegueime ata Marín.
……….Cando cheguei ao multiusos da Plaza de Abastos eran as 21:15 horas mais ou menos, e xa estaba no escenario o grupo da discordia. Estivo tocando ata as 22:20 polo menos, que foi cando os meus amigos decidiron marchar sen cantar, despois da desfeita que se estaba a producir co devandito grupo, que seguia cantando e tentando de vender o seu disco a ritmo de batucada, pro que habían transformado unha peza tan fermosa coma o miudiño, amosando un mal compañeirismo e unha falta de respeto hacia os demais grupos participantes no evento. O seu interese era promocionar o CD que traían entre mans e que trataban de vender ó respetable, petando nos bombos a todo rebumbio e lembrándollo ós espectadores de cando en vez por si non se habían enterado ben.
……….Osexa, que si todos os grupos, fixesen o mesmo que “os figuras” teríamos un festival que duraría sobre oito horas. Como pra levar as uvas e o champán e esperar alí a que deran as campanadas.
……….Despois, xa mais tranquilos, sentados diante de unhas cervexas e recapacitando sobre o acontecido, cargábanselle as culpas ós organizadores por non ter previsto a desfeita e por non saber paralos a tempo, anque para min, a maior culpa tena o grupo en cuestión por impertinentes e por falta de respeto hacia os compañeiros músicos que alí estaban. De verdade, levo corenta longos anos nesto, e nunca mirei tal abuso hacia os compañeiros de escenario e profesión. Non vou entrar en si me gusta a súa música ou non, anque para batucadas, prefiro ós brasileiros e para percusión, os africáns. No que si entro é na falta de respeto que amosaron hacia eses compañeiros que ó mellor, non son tan profesionais coma eles, nin estudados en conservatorio, nin saben música e tocan de orella, pero que gracias a grupiños coma o seu, pervive e perdura a nosa fermosísima tradición musical.
……….Si se teñen por “uns divos” supoñome que actuarán nos seus concertos con algún grupo teloneiro. Si é así, gustaríame ver as súas caras si lles estragasen a actuación tocando catro horas diante deles, cando só tiñan que tocar media e aburrindo ó personal de xeito que empezasen a abandoar o teatro. Por certo que parvos non deben ser, que decatáronse do abandono que se estaba a producir no público e pedíronlle a xente que non se marchara antes de mercar o seu CD. E que claro, saben ben onde montar o seu número, porque esto que lle fixeron a estes grupos, non son capaces de facerllo a Fuxan, Malvela, A Quenlla, Treixadura, Berrogueto, Luar na Lubre, Milladoiro… por poñer algúns dos mellores. 
……….E xa pra rematar, non vou decir o nome do grupo, porque tampouco o din os meus amigos Saljariteiros, amosando un gran respeto para quen nono tivo con eles, e por non darlle mais publicidade da necesaria e esta xente. Pero meus amigos Saljariteiros, que sepades que non todos son así. Grazas a Deus hai moito musico percurando a continuidade das nosas tradicións sin cobrar un can e poñendo a meirande parte das veces cartos do seu peto para poder levar a cabo tan fermoso oficio ou afición, levándolle unhas cantiguiñas a todo aquel que as queira escoitar. E pensade que nunca houbo unha congostra ou unha corredoira por moi fermosa que esta fora, que non tivera un croio atravesado onde esnafrar a roda do carro.
……….Unha perta para todos, longa vida a nosa música tradicional e os grupos e músicos que a defenden.
……….Verémonos en mellores ocasións.

Z

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s