COMO COLLER UNHA CUNCA DE VIÑO TINTO …….. O de cómo coller unha cunca de viño para beber, parece unha trangallada, pero non é tal. Collela como Deus manda, e saber soprala como calquera instrumento musical, é unha arte. Habería que facer do viño e da cunca, unha carreira en Belas Artes, para despois facer un master nun furancho durante un ano inteiro e festas de gardar. …….. Empecemos por decir que si o viño é a bebida dos Deuses, Galicia é o paraíso dos viños. Os da Meseta chámanlle caldo porque non teñen outra casta de caldos, pero o caldo para nós é outra cousa que non ten nada que ver co viño, anque en ocasións bébense os dous por cunca, e ata hai quenos mistura. …….. Unha vez chea a cunca do viño, pódese coller de catro xeitos: “Estilo señorito” “Á maneira dunha asa” “Xeito trapalleiro” e “Modo galego ou tradicional” …….. O “Estilo señorito” e o erro mais espallado polas tabernas e furanchos. Pra iso, cóllese a cunca polas veiras coas xemas dos dedos indice e pulgar para levala á boca. “A maneira dunha asa” ven sendo como o “Estilo señorito” pero collendoa pola cima. E moi incómodo coller a taza deste xeito, pois sempre acaba tropezando a man co nariz. “Xeito trapalleiro” que consiste en collela coas dúas maus . Tamén hai quena colle co pulgar no borde e co resto dos dedos no cú da cunca, derramando o viño ó collela a meirande parte das veces. E como remate, temos o “Modo galego ou tradicional” que merece comentario aparte. …….. Para coller unha cunca como un bo galego, primeiro hai que enchela ata a cima de todo pero sin que bote por fora. O que todos coñecemos como “Sácarlle o ar á cunca” cando o taberneiro está co xerro botando no viño. Unha vez esteña a cunca chea, hai que pechar a man, collela polo lado de fora co dedo índice encollido, e polo lado de dentro coa xema do dedo pulgar. A punta do dedo pulgar, ten que estar sempre metida no viño. Un bó bebedor de viño tinto coñécese porque ten a uña do dedo pulgar como si estivera arrincando no esterco. Unha vez ben collida, hai que cangarse pra diante, erguer a cunca e levala á boca. Bébese ata a mitade mais ou menos sin respirar e mirando pro viño. Vólvese poñer a cunca no mostrador, lámbese a punta do dedo, e bótase un pequeño aturuxo seguido da frase “Agora xa o homiño é home” pra rematar despois cantando “O Miudiño” ou calquera outra cantiga. …….. Eu a cunca, colloa como un bo galego que son, da maneira tradicional, da de sempre… da de toda a vida, vaia. E desto podo presumir que sei, porque o meu avó era arrieiro do viño. Así que a arte de collela, venme dada por herdanza …….. E para rematar esta lección maxistral, decirvos o afortunados que somos os que temos bigote, porque o trago de viño que mellor sabe, é o que queda entre os pelos dél, e lambese media hora despois de tomarlle a penúltima cunca. …….. Apertas para todos, e bo furancheo.
Totalmente de acordo, moi boa lección. Noraboa polo artigo. Saúdos
Grazas Daniel.
Agora a practicar co tinto novo, que iste ano haino moi bo.
Unha perta