O SAN ADRIÁN DE MONEIXAS
Se despois de pasar o duro inverno,
e suar coas calores do verán,
se despois de Agosto ven Setembro…
Ten por forza, que ser San Adrián.
Se tiveron que emigrar as anduriñas,
se é que deixaron as rulas de cantar,
se voaron do seu niño os paxariños…
De seguro vai vir o San Adrián.
Vou pra Moneixas,
ao San Adrián,
rezarlle ao santo,
e xantar cos meus curmáns.
Vou pra Moneixas,
pra Moneixiñas,
botar un baile,
coas mozas mais bonitiñas.
E haberá que ir ata o Cruceiro,
escoitar os gaiteitos a tocar,
e a tomar un par de viños na taberna,
esperando pola hora do xantar.
Xantarei un bo cocido cos parentes,
e con viño, o manguito hei de regar,
cantaremos dende que esteamos fartos,
ata que se asome o sol pola mañá.
Vou pra Moneixas…
Que ledicia celebrar esta gran festa,
e o fermoso que é podela disfrutar,
non hai mellor medicina pro meu corpo
que xuntarme coa familia pra cantar.
E non quero rematar esta cantiga,
sen lembrarme dos curmáns que xa-no están.
Ben seguro están berrando onda o Santiño…
¡¡¡QUE VIVA O SAN ADRIAN!!!
Vou pra Moneixas…
Facía tempo que lle tiña ganas a unha cantiguiña pra cantar coa familia polo día da festa, pero sempre ia quedando e enredaba noutras cousas, ata que este ano, por fin, decidín acabala de unha vez por todas.
Quero dedicarlla a todos os veciños e amigos da parroquia de Moneixas en Lalín e de maneira especial, ós meus curmáns de Moneixiñas, cos que celebro todos os anos a festa do San Adrián. Eles, son parte da familia que mais quero. Fillos de Manoliño o que foi caixa dos gaiteiros “Os Dezas de Moneixas” e nos que aínda tocaron algúns anos os meus curmáns Mario e Alfonso. Ademais de unha lembranza moi especial pros catro curmáns que xa non están con nós: Alfonso de Muimenta, Fe de Venezuela e Luís e Javier de Moneixas, sempre no noso corazón.
Advertisements
One thought on “O SAN ADRIÁN DE MONEIXAS”