O TROITEIRO SEÑOR ELEUTERIO


O TROITEIRO SEÑOR ELEUTERIO.
—–O señor Eleuterio, era o dono da fábrica do gas, na que traballaban moitos dos homes do Concello. Tiña ao señor Anselmo de Castro como segredario, amigo e ao que lle confiaba todos os segredos ao tempo que lle consultaba todas as dúbedas que tiña dende facía xa moitos anos.
—–Eleuterio, tíñase como o mellor troiteiro da bisbarra, e a fé que o era pois, ninguén pillaba mais troitas ca el, pero tiña un defecto… non lle gustaba nada mollarse, e os días de choiva, adoecía detrás da ventá por non poder ir ó río nos días que mellor picaban as troitas, pois como dí o refrán; “A rio revolto gañanza de pescadores”
—–Unha mañá na fábrica, vendo que o día non pintaba moi mal para pillar unhas boas troitas e estando o ceo algo anubeado, preguntoulle a Anselmo:
—–– Selmo, parece que está un bó día pras troitas… pensas que choverá, ou?
—–E Anselmo, como bó home de confianza e mellor adiviñador do tempo, respondeulle;
—–– Non señor, non. Anque parece que ten algo de trazas non vai chover, que o xeonllo que esnafrei de cativo, non me doe, o que quere decir que non haberá cambio de tempo.
—–E o señor Eleuterio, agarrou a cana e o cesto e arrancou cara o rio para mirar si pillaba unhas troitas pro xantar.
—–De camiño, atopuse co Antón do Val que viña coa sua mula de volta do muíño, a onde fora buscar a fariña pra facer a fornada. Eleuterio saudouno ao chegar onda él:
—–– Moi bos días teñas Antón, seica vas con moita presa.
—–– Pois si señor, si. E non é que leve presa, pero vai empezar a chover e non quero que se me molle a fariña.
—–– Pois perde coidado por iso, que anque teña trazas de facelo, non vai chover que non lle doía o xeonllo a Selmo, e non sei como se arranxa ise home, que nunca erra nas súas predicións.
—–– Pois a min, dame que si, que non vai tardar moito en caer auga a baldes, pero si o dí o Selmo, será logo.
—–E seguiu camiño a toda presa purrando da súa mula Sidora.
—–Tal foi a cousa, que aínda non había chegado o Señor Eleuterio a Ponte Vilariño, cando empezou a caer tal cantidade de auga que botou o rio por fora. Dou volta cara a fábrica tan enfurruñado, que tan proto chegou onda Anselmo despediuno decíndolle que non volvera mais por alí. De seguido, foi a casa de Antón do Val para contralalo e convertilo no seu segredario.
—–– Antón, a partires de hoxe mesmo, quedas contratado na miña fábrica para facer o traballo que facía Selmo, e para que me adiviñes o tempo cando vaia as troitas.
—–-Verá vostede señor Eleuterio, eu o tempo non llo adiviño. Quen o adiviña é a miña mula Sidora. Si leva as orellas dereitas, quere decir que vai estar bó día, si as leva de lado, é que non está moi segura do que vai pasar, agora eso sí, como as leve cangadas non hai erro posible, vai chover a moreas durante todo o día.
—–Dende aquel día a mula Sidora foi a segredaria do Señor Eleuterio.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s