O CONVITE POLO DIA DO SANTO.


O CONVITE POLO DIA DO SANTO.
      Que magoa que se vaian perdendo as costumes mais fermosas que tiñamos nas aldeas ata non fai moitos anos. Refírome neste caso, ó feito de coller as botellas dos licores baixo do brazo e marchar polas casas veciñas convidando e festexando o santo de cada ún. Onte unha boa amiga da Agolada, veume lembrar este fermoso feito, xa que foi o día do meu santo
      Agora, non sei si pola velocidade na que vivimos, polas modernidades que temos ou porque nas aldeas xa non queda casi ninguén, perdeuse tan fermosa costume, e imos da man da comodidade. Se cadra, pagar unhas cervexas na taberna e mandar uns Wasaps dando os parabéns ós amigos.
      Na aldeiña onde nacín… na miña aldeíña do Castelo, na parroquia de Cadrón en Lalín, dame que ata os rapaces agardabamos polo día do santo dos nosos pais, avós e veciños, porque ise día sabíamos que había o palique que tanto nos gustaba escoitar, xa que para nós, os maiores sempre foron como unha artesa chea da sabiduría, non escrita nos libros que tiñamos na escola.
      Do que mais me lembro é do señor Manuel Vilariño, o carteiro do Castelo como se coñecía alí e nos arredores. O día de San Manuel, aparecía pola casa, xa a primeira hora da mañá coa botelliña de Sanson pras mulleres e unha de brandi pros homes, ademais de unhas galletiñas daquelas de María de toda a vida para acompañar. Na casa, había dúas copiñas daquelas de antes ás que se lle chamaba “chatos”, unha de cada casta, e que o meu tio Camilo e a miña tía Asunción debían ter só para ises días, pois o resto do ano, non lembro que se usaran pra nada. Sentábanse no carro que estaba gardado no cuberto, e alí latricaban durante un bó anaco, levando a copiña ós beizos de cando en vez e rillando daquelas galletas que tan ben sabían. Mentras, os rapaces, escoitabamos os contos cos que acompañaban o agasaio do Señor Manuel. Aproveito pra mandarlle unha boa aperta todo o meu cariño a súa viuda, a Señora Amparo, que acaba de cumplir os 99 anos e que se conserva tan fermosa coma un caravel.
      Outro que viña pola casa sempre no día do seu santo, era o Señor José de García. Que gran persoa, canto quería eu a este home así como a súa dona Señora Victoria. Levábanse moi ben coa miña familia. Non era de moito madrugar, e o día de San José aparecía alá pola media mañá e só traía unha botelliña de Sansón, amais non era un home de moito enredo. O que si lle traía sempre ao meu tio Camilo era unha faria ou un puro para acompañar coa copa, pois o seu fillo Antonio era médico en Lugo e traíalle moito do tabaco co que o agasaiaban. Tanto él como a súa dona, xa non están entre nos dende fai tempo, pero lembrareime sempre diles.
      E teño que lembrar tamén ó meu pai, que levara tan fermosa costume de Muimenta pra Pontevedra, pronde fomos vivir cando eu tiña nove anos e de onde escapaba en canto podía de volta pra Muimenta, xa que sempre foi onde mais lle gustou estar. Os meus pais arrendaran unha casiña nun lugar chamado o Marco, a un lado de Pontevedra e a onde hoxe casi chega a cidade. Polo San Jose tan pronto se erguía, collía o cesto das troitas que fixera con bimbios, e metía nel tres botellas… sanson, coñac e augardente, e xunto con unha bandexa de rosquillas que fixera a miña nai na sartén o día anterior, percorría as casas dos arredores empezando pola do Señor Benito “O Faracho” que sempre o agasaiaba con unhas botellas de viño tinto do país. Remataba sempre na taberna do Señor Pepe do Marco -co que se levaba moi ben- para convidalo e “para repoñer material” como decía el, pois as botellas coas que saía da casa sempre remataban cheas de ar.
      E vou rematar do mismo xeito que empecei. Unha magoa que se perdan estas costumes tan fermosas, e que tanto nos gustan lembrar ós que imos tendo xa unha edade. O mismo tempo que recoñezo parte da culpa de que se perdan por non saber inculcarllas os fillos, anque na situación deles, sexa moi complocado por vivir na cidade, onde os veciños, non deixan de ser uns grandes descoñecidos.
      Unha perta pra todos.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s