LECCION MAXISTRAL SOBRE AS CANTIGAS TABERNARIAS


LECCION MAXISTRAL SOBRE AS CANTIGAS TABERNARIAS
      Dixeron fai uns días os científicos que andaban facendo uns estudios de moita importancia, que o Viño e a música, fan unha parella caralluda pra ter boa saúde, e pra reducir o estrés ise tan famoso que temos todos nistes tempos.
      Unha cantiguiña, xunto con unha cunca de viño tinto como o que ten o Jacinto no seu Furancho, poden rematar con todo o estrés acumulado durante a semán pola clientela, e nunha soa sesión.
      A música tradicional galega xunto co bó viño, xa foron usados conxuntamente nos tempos dos exipcios, como terapia de relaxación entre os traballadores das pirámides, pois reducíalles a presión do traballo, a ansiedade e a calor, e dáballes forza para purrar polos croios que carrexaban pirámide arriba, xa que daquelas, aínda non se inventara o carro do país. Eso de “Non canta na Cha ninguén, por eso meu carro canta…” veu despois, durante a época dos romanos mais ou menos… ¡Carallo!! Aqueles romanos, sí que sabían apreciar a musica e o viño, ademais de outras cousas que non veñen ó conto.
      E pode ser que en tempos anteriores ós exipcios, xa existira a mistura de viño e muiñeira a dúas voces, e que as covas e as cavernas onde vivian os nosos ancestros, non foran mais que furanchos e tabernas onde se cantaba e bebía, ó tempo que se pintaban animais polas paredes endiante como método de relaxación (en inglés “Relaxing cup of viño con música”) pois asegún diversos estudios levados a cabo polos científicos da universidade de “Era visto” do Campus da TVG, a edade de pedra, coñécese entre os arqueólogos como “A edade dos homes das tabernas”
      Outro grupo de científicos que facían outra casta de estudios sobre o mismo asunto, tamén chegaron a conclusión de que o viño, sabe mellor canto mellor se canta e canto mellor é a cantiga. Non sabe o mismo un tinto acompañado do “Miudíño” que de “Paquito el chocolatero” por exemplo. Os investigadores concluíron que despois de beber media ducia de cuncas de viño, un 90% dos participantes no estudio, xa non sabían diferenciar as dúas cancións… pero sí o viño , e seica sabía mellor cantando e apoiando os cóbados nun pipo ou arrimados ó mostrador.
      Istes diversos estudios veñen a demostrar científicamente a importancia das cantigas tabernarias na historia da humanidade.
      Conxugando estas duas cousas — música e viño– algúns dos mellores grupos da nosa musica tradicional tabernaria, ofrecerán ó público unhas fermosas noites de música na compañía dos mellores viños, durante os derradeiros venres de cada mes por distintas tabernas de Pontevedra.
      Cita de obrigado cumplimento, e ó que estamos todos convidados.

1898136_962837980428193_6693930972740001666_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s