OS GRUPOS DE WHATSAPP


OS GRUPOS DE WHATSAPP
     Non sei se vos pasa o mesmo, pero a min, e despois destas festas do Nadal, danme ganas de coller o móbil, colgalo dunha maceira e deixalo alí ata que se convirta nunha pera.
     Que porqué digo isto? Porque os telefonos móbiles, tan modernos eles, serven para todo menos para chamar por teléfono. Vén isto a conto polos grupos de WhatsApp, que me teñen en vilo todo o dia coas dichosas campaniñas de aviso de recibo. Durante os meses de Decembro e Xaneiro, o meu móbil debeu de dar mais badaladas ca berenguela en toda a súa historia, e total pra que, pois pra nada, exceptuando unha minoría de fotos e felicitacións varias que si que son ben recibidas.
     Eu agora mesmo, estou en cinco grupos dos que son aproveitables dous: un chamado “Familia” formado pola miña muller, fillos e familiares mais achegados, onde compartimos fotos, avisos e noticias importantas, e outro chamado “Amigos músicos” no que intercambiamos videos de música, cancións, letras e concentos, e onde sabemos os uns dos outros.
     Pero o problema está nos outros tres formados por amigos, outros familiares, compañeiros de taberna etc. Entre estes tres grupos, adoita haber un aviso de recibo cada cinco minutos, dando como resultado que ao rematar o día, me atope cun cento de mensaxes que non serven absolutamente pra nada, e que o único que conseguen é crearme un tic nervioso no brazo por levar a man ao peto tantas veces, cousa que non facía dende hai 16 anos que deixe de fumar. E todo pra que? Pois pra atoparme cunha ducia de monequiños, gatos ou cadelos con caras tristes dicindo “odio os luns” ou as mesmas fotos sorrintes dicindo “por fin é venres” e cuns cuantos mais desexándoche os “bos días” “boas tardes” e “boas noites”. Pero o peor de todo, vén cando é o cumpleanos dun dos compoñentes do grupo, podes pasarte o día vendo tartas, luceciñas, ramos de flores, paquetiños de regalos, videos coa repetitiva cantiga… e por se fose pouco todo isto, as contestacións do agasallado que nunca dá as grazas. Contesta con esa modernidade chamada “emoticonos”… un corazón, unha cara sorrinte, outra chiscando un ollo, uns beizos dando bicos…
     O resto de mensaxes fórmano un grupo de; videos porno, a canción “Bailando” con outra letra ou as burradas que se fan con tal de facer unha gravación para ensinala ó grupo. O noventa por cento destes videos, empezaron nos tempos dos E-mails e foron compartidos tantas veces que xa os sabes de memoria, o dez por cento restante son os que circulan por todas as redes sociais, televisións etc. e como non, os do gatiño famoso que fala e que che conta mil e unha historias e Julio Iglesias decindo “y lo sabes”. Tamén mandan chistes de políticos e que son os de sempre, só que o personaxe principal do conto, empezou sendo Felipe e agora é Rajoy pasando por todos os demás. Bueno, agora hai algún novo…os de Podemos, pero xa empezan a repetirse moito tamén.
     Todo isto leva a que pasas sen ler o noventa por cento das mensaxes que recibes e que logo pase o que pasa, que faltaches á cita dun amigo que te convidaba a un café na cafetaría de abaixo porque non liches a súa mensaxe e tamén a que un bo amigo meu e mellor músico, pedira auxilio no Facebook dicindo “Alguén sabe como se desconectan todas as aplicacións dun movil e que sirva só para chamadas? “
     Que facer ante todo isto? Porque claro, non te podes dar de baixa dun grupo, porque igual se molesta alguén, cousa que ti non queres que pase, porque a amistade está por enriba de todo isto.
     Eu estou pensando que o mellor momento para marchar do grupo e ese no que entran cinco mensaxes cada catro segundos, porque seguro que están todos tan enredados dando os “bos días” que ninguén se decatará dá marcha.
     Unha aperta para todos.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s