O ZUMBA


O ZUMBA
      Que ledicia da mirar como se recuperan de cando en vez algunhas das mais fermosas tradicións da Nosa Terra. Ven esto a conto, porque de un tempo a esta parte, estase a poñer de moda outra vez, ese fermoso baile que ademais é un bó exercizo chamado “ZUMBA”
      Solo en Lalín, que eu sepa, hai catro ou cinco grupos que o practican, anque con algunha variante de cómo se practicaba nos anos setenta.
      A vestimenta que se usa pra practicalo, non cambiou gran cousa; camiseta e pantalóns igual que antes e un fermoso gorro de lá. A única diferencia é que agora, a camiseta e o pantalón, teñen moito colorido. Antes o pantalón era de pana e dunha soa cor, e a camiseta de felpa branca. Na cabeza, poñíase unha boina negra ou un pano branco de bolsillo anoado nas catro puntas. O que si cambiou foi o calzado, agora póñense unhas zapatillas deportivas pra ter os pes mais lixeiros, mentras que antes, zumbábase cos zocos de toda a vida.
      Unha diferencia importante, e que quizais sexa a que mais salta a vista é, que antes, pra acompañar o exercizo, utilizabanse tres obxetos; Unha cañota, un sacho pra desenterrala e un machado pra rachala. Cando a cañota non era moi grande, só se desenterraba, levabase no carro pra casa, e gardábase pra prender o lume na lareira no tempo de curar os chourizos, e así, ter unha boa brasa día e noite. Pra zumbar agora non fai falta cañota nin sacho nin machado.
      Pero si hai unha diferencia a destacar entre o zumba de antes e o de agora…  isa é a música coa que se acompaña o exercizo. Agora, o facela nun ximnasio e en grupos nunha casa da cidade, conectase a un enchufe un aparello dises que teñen a orquestra dentro, e veña, a zumbar seguido durante dúas ou tres horas. Antes non era así porque onde mais se zumbaba era nas aldeas, e o non haber enchufes no medio das leiras e fragas, o que zumbaba, tiña que cantar ó mismo tempo que botaba unha especie de aturuxo cada vez que baixaba o machado con forza. A cantiguiña para zumbar, viña sendo sempre a misma;

                                  E zúmballe a cañota,
                                  e a cañota zumba,
                                  e zumballe a cañota,
                                  e a cañota zumba e zumba…

      Pois nada, que siga a música, o baile e a leria.
      Unha perta pra todos

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s