O FURANCHO DO JACINTO


O FURANCHO DO JACINTO
Eu non sei que raios tiña,
o viño que tomei onte,
que hoxe non saio da fonte,
que hai no prado da Raíña.*

Funlle papar unhas latas,*
ó furancho do Jacinto,
e por darlle tanto ó tinto,
casi saio a catro patas.

Nada mais pasar a porta,
fun petar contra un balado,
e ó non darme levantado,
pasei a noite na horta.

Alí botei catro horas,
arrimado a un pexegueiro,
e tendo por compañeiros,
os tomates e as cebolas

E chegaron os de Amado,*
montados na bicicleta,
e entre as herbas da cuneta,
atopáronme tirado.

– Acábannos de contar,
que dormiches, seica, ó raso,*
non fagas mais o paiaso,
que sonche horas de almorzar.

Si arrimaras ó palleiro,
non farías tanto mal,
e dos tomates do porral
quedaría algún inteiro.

A qué andaría eu xogando,
pra facer tal estropicio,
debín perder o xuício,
igual ca cabra do Fernando.*

Funme agarrando a unha hedra,
pra tratar de a levantarme,
e pra volver a deitarme,
ó chegar a Pontevedra.

E ó botar unha mexada,
dinme conta deseguida,
que tiña a cabeza ida,
e a gorxa resecada.*

Menos mal que no camiño,
tropecei con esta fonte,
onde curo do mal d’onte,
e mantéñome fresquiño.

un-fermoso-dia-de-troitas
Papar unhas latas– Pois iso, unha lata de xoubas ou patagullos, outra de mexilóns, bonito con cebola… Mais que nada para que o viñoo non caia en panza valeira.
Prado da Raíña– Un prado de Amadora, tía do Jacinto, a mitade de camiño entre o Furancho e Pontevedra e que ten unha fonte ao seu carón.
Os de Amado– Antonio e Daniel, pai e fillo que tal bailan, veciños do Jacinto.
Que dormiches, seica, ao raso– A retranca que ten Daniel.
Non farías tanto mal– A ver, os tomates levaron algunha que outra patada e había algún esmagado…pero tampouco é pra tanto, que unha broma é unha broma.
A cabra do Fernando– Unha cabra que tiña un amigo de Lalín e que estaba tola dende que naceu. Nada mais sair da corte, o primeiro que facía era subirse ó balado e chimparse de cabeza ó prado.
A gorxa resecada– Efectos colaterais e secundarios, producidos polo viño, ao outro día de botalo na cunca, catalo, bebelo e mexalo.

(Cantar que lles dedico aos meu bos amigos Jacinto Lamas e  Antón Silva Cancelas, o que non quere decir que algún deles, sexa o actor principal do cantar)

Sin título

Advertisements

One thought on “O FURANCHO DO JACINTO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s