O PARRULIÑO E A MIÑA LÍNGUA


O PARRULIÑO E A MIÑA LÍNGUA

      En Marcón, unha parroquia preto de Pontevedra, teño un matrimonio amigo dende xa fai moitos anos. Bieito e María.
      Viven nunha casiña moi fermosa, rodeada de frutais e moita viña, xa que a parroquia, é unha zona de bó viño. Eu visitos moi a miudo, e sobre todo no vrao cando apreta a calor e da gusto estar a sombra nunha mesa que teñen debaixo da viña a carón da casa, e tomando de paso uns grolos dese viño catalán roxo (sin que teña eu nada encontra dos catalás nin dos roxos) , que anque seica está prohibido pola súa acidez, é o mellor refresco pra gorxa nos días de calor.
      María, é unha namorada dos parrulos. É moi raro non ver polos arredores da casa unha parrula con unha ducia de parruliños detrás. Ademais, Bieito, aproveitando un regueiro que pasa pola súa horta, xa fai anos que fixo un lavadoiro que agora utilizan os parrulos como estanque pras súas horas de natación.
      Fai un par de anos, cando nos atopabamos na sú casa a miña dona mais eu, estaba saíndo unha nova niñada, e María, trouxo pronda nós un ovo no que estaba empezando a sair o parruliño. Con toda a delicadeza do mundo, axudouno a nacer rompendo a casca do ovo. Despois meteuno entre os seus pés ó sol, para que se fose secando e collese a forma tan fermosa que teñen os parruliños recen nacidos.
      María aquel día, tiña postas unhas botas de goma de unha cor verde clara, e cando devolveu o parruliño para onda os outros, mirou estrana que volvía detrás súa. Non quería estar no niño e andaba de seguido detrás daquelas botas verdes. A onde ian as botas, alá ia o parruliño. Si María andaba con outro calzado pola eira en diante, o parruliño estaba coa súa nai e os seus irmáns, pero si María poñía as botas verdes, deixaba a súa familia e iba atrás delas.
      Bieito, decíame que, as imaxes e os sons primeiros que escoitaba calquera casta de animal, marcábano para toda a vida, e que o patiño, había collido como nai aquelas botas, porque foi o primeiro que mirou ó nacer.
      E eu pensei en min, anque non teño nada de parrulo. Seica ó nacer, non miramos ata pasados uns tres meses que empezamos a distinguir as cousas, pero escoitar, seica escoitamos dende que estamos no ventre da nosa nai.
      O nacer nunha aldea, ser mais do monte cos toxos, e ser fillo e neto de galegoparlantes, supóñome que as primeiras palabras que escoitei deberon de ser algo así como…biquiño, meu meniño, avós, nai, pai, queridiño, etc. Ademais, ata os nove anos que marchei a estudar pra Pontevedra, non escoitei nin falei outro idioma que non fose o galego. Eu sentíame ben falando así, e a ninguén lle importaba que o fixera. Polo tanto, non fai falta pensar moito, nin ser moi espabilado, para saber que por moito que se empeñen, e queiran convencerme do contrario, a miña lingua nai e o meu primeiro idioma foi e sigue a ser o galego. O castelán, foi un engadido que me veu mais adiante debido as “cousas da vida” e a verdade, é que me costa falalo cando me vexo obligado pola situación.
      Así que eu, como o parruliño de Bieito e María. Anque se lle impoña a familia plumífera, a quen quere de verdade é as catiúscas.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s