OS LOBOS E OS POLITICOS


OS LOBOS E OS POLITICOS

          Contan que  unha vez escapáronse dous lobos do Zoo, e para despistar ós vixiantes que os seguian, decidiron separarse e tomar camiños distintos. Un deles, marchou cara ó monte e outro cara a cidade de Santiago.

          Así pasaron os anos ate que un día, volveron a atoparse no medio do monte. O que vivía alí estaba todo aldraxado, flaco e cheo de pulgas. Sin embargo, o que marchara pra dicade, estaba ben mantido, brilaballe o pelo e presentaba certo aire señorial, e mirando pro seu amigo preguntoulle:

          – E Como é que estás tan flaco ó.

          – Amigo, o monte xa non é como antes era. Casi non hai que comer, está abandoado e de cando en vez prendenlle lume e hai que escapar para outro coa fame de sete días. E ti que, que parece que pola pinta que tés foiche moi ben pola cidade.

          – Pois, si que me foi ben durante uns anos, pero agora tiven que marchar a lume de carozo e veño pronda ti pro monte.

          – E logo?

          – Cando escapamos do Zoo, botei a correr cara a cidade e metinme nunha casa moi grande que poñía “Xunta de Galicia”. Alí, ó quente, estaba como quería, e tiña comida fresca todos os días, cada día papaba un político: un día  un conselleiro, outro día un director xeral, outro un diputado, un asesor… hasta papei a ún que lle chamaban presidente. Non me faltaba de nada. En total nestes poucos anos, debín de papar uns douscentos.

          – Mimá, pero…como era eso, ninguén se enteraba da súa falta? ninguén os botaba de menos?.

          – Nada, alí non se enteraba ninguén da súa falta e ninguén preguntaba por eles.

          – E logo como foi que vivindo tan ben e tendo tanto que papar, decidiches volver pro monte.

          – ¡Amigo! Porque un día, burro de min, decidín papar un administrativo. O outro día todos eran a preguntar por él. Cando se decataron da miña presencia, tiven que salir escopeteado.

(Este conto, non é que sexa moi propio da Tradición Oral. Si o poño é porque espero que co tempo sí se convirta nun deles e así, adiantome no tempo)

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s