ESTRANOS DA NOSA LINGUA


O poema mais fermoso de Xosé Luís Rivas (Mini) na defensa da Nosa Lingua

Dicide de onde vos veñen
o nome e os apelidos
que vos deron por ser fillos
dalgún lugar desta terra
dicide tamén cal era
o idioma dos conveciños.

Dicide en que momento
sentistes na vosa pel
ese amarguexo, ese fel.
ese proído estraño
que vos causa tanto dano
e vos impide querer.

Esa vergoña que traba
a vosa fala galega
porque renegades dela
en público e en privado.
Dicide logo o pecado
que a odiarvos tanto vos leva.

Será que vos transmitiron
pra gañar categoría
a idiotez e a parvada
do españolismo barato.
Moitos rompemos o trato,
vós non tedes valentía.

Porque acabados os tempos
do fascismo e da opresión
era a hora da razón
do pobo discriminado.
Puxéstesvos do outro lado,
da máis brutal inmersión.

Mira que fomos prudentes
e agardamos tantos anos,
pois descuberto o engano
todo era cuestión de tempo,
a razón era o instrumento
e a verdade trunfaría.

Mais ninguén de nós sabía
que estabades asalando
deixándonos ir andando
confiados na democracia.
Destes o golpe de gracia,
mais seguimos camiñando.

Levamos marcado a lume
o noxo que en nós vertestes.
a humillación que fixestes
no intento por abafarnos
tentando de violentarnos
e converternos en vermes.

Canta mofa, canta burla,
canta dolor gratuíta,
canta sin razón maldita
coa humillación por sistema.
Hoxe cambiades de tema
botando pra nós a culpa

Trátase de ter poder,
e pensades ser máis guapos
máis ricos e máis sensatos
falando idioma español.
Non é mudando de rol
que se perden os farrapos.

Nova lei de trilingüísmo
dos monolingües idiotas
que se senten en pelotas
nos afectos ó seu pobo.
¿Buscades pois lugar novo
pra ese corazón de pedra?.

Sabede que nada medra
se a sementeira non é feita
pra arrecadar a colleita
que alimenta os corazóns.
A nós sóbrannos razóns,
a vós sóbravos fachenda.

Pois estades condenados
a perder esta batalla,
que o pobo galego fala
lingua antiga, pura e limpa;
e a pouco que a xente sinta,
no seu, orgullo e pracer.

Comezará a escurecer
ese voso esquecemento
que leva en todo momento
autoodio e xenreira.
Vide de novo pra eira
común no pan e no alento.

p52400755

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s