A CENSURA POST-FRANQUISTA


A CENSURA POST-FRANQUISTA
        A censura, viña sendo algo así como un poder utilizado polo estado para prohibir. Tiña como principal obxetivo controlar a libertade de expresion nos casos de que atentara en contra do orde establecido. Era por iso que a literatura, os medios de comunicación e calquera das artes, fosen vixiados coa lupa dos censores que levaban a cabo tal feito.
        A música durante a dictadura e o posfranquismo, foi un dos instrumentos mais importantes utilizados para atacar o devandito orde, alcanzando unha gran repercusión en Cataluña coa “Nova Canço” e en Galicia con “Voces Ceibes”. A difusión en un sitio público de cancións que podían atentar contra a lexitimidade do estado, poñíaos nervosos, o que facía que antes de cada concerto, revisasen os textos das cancións unha e outra vez por si había algunha mensaxe encuberta na letra.
        Para iso, os organizadores de un concerto musical, pedían o permiso correspondente por medio de unha instancia, ao Goberno Civil da provincia onde se celebraba (niste caso o de Pontevedra) e acompañaba os textos das cancións que se cantaban no devandito concerto. Cada cantante, tiña que mandar unha carpetiña co texto e unha canción en cada folio poñendo ao fondo de cada ún o autor da letra. O autor da música, non lles importaba moito

sINSTANCIA PARA LA CENSURA
        Unha vez cas letras pasaban polo censor e o gobernador civil daba o permiso para celebrar o evento, o organismo mandáballe aos organizadores un papel co permiso correspondente, e os títulos das cancións permitidas polo censor. Diste papel, facíanse unhas copias para que cada cantante tivese a súa por si a pedía a Garda Civil como era na maioría dos casos.

Censura
        O censor, pola súa banda, mandaba a un representante que era o que comprobaba que todas as cancións que se cantaban, estivesen permitidas. Pero había unha maneira moi facil de enganalo. Consistía en algo tan sinxelo como cantar as cancións prohibidas, presentándoas co título das permitidas, i era tan lelo, que non se decataba do asunto. Il miraba pro papel para ver si estaba o título e nada mais. No noventa e nove por cen dos casos non se decataban do engano. Si resultaba que non era tan lelo como aparentaba e decatábase do troco, chamaba pola Garda Civil ou polos grises, según fose o caso, e que por isas casualidades da vida, “sempre pasaban por alí”… detención e multa, que podía chegar ata as 15.000 Pts. Que era todo un capital por aquiles tempos.
        Hai unha canción de Bibiano da que quero poñervos a letra, que debeu de ser a mais coñecida durante os derradeiros anos da dictadura, e que se cantaba en todos os lados. O vello can de palleiro e a súa dentadura ocultaban a Franco e a súa dictadura. En todos os concertos a xente remataba cantando; “ABAIXO A DICTADURA”

ABAIXO A DENTADURA
¡Ai!, rabioso e vello can de palleiro
¡Ai!, rabioso e vello can de palleiro

Daste conta de que xa vas morrer
E non poderás pegar e non poderás morder

Os teus podridos dentes xa ves caer
Os teus podridos dentes xa ves caer

Caer un tras doutro, xa ves caer

Está caendo toda a túa dentadura
Está caendo toda a túa dentadura

Túa forte dentadura virase abaixo
Abaixo a dentadura. Abaixo a dentadura
Abaixo a dentadura. Abaixo a dentadura

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s