O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (2ª Parte)


O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (2ª Parte)
Vaia disgusto que ten,
o meu amigo Xanciño,
pois quedou sen o caldiño,
que comía a tutiplén.

Fóiselle a señora Hortensia,
– era súa mellor veciña –
e anda o probe na cociña,
suspirando a súa ausencia.

Pois bota moito de menos,
o caldo a que o convidaba,
xa que unha taza lle daba,
cando o facía de grelos.

Mais non existe problema
que non poida resolver.
Vaino aprender a facer,
pra poder seguir co tema.

Como rapaz amañado,
e moi botado pra diante,
foi por un libro ao estante,
pra facer íl o enzoufado.

Que pra iso mercou na feira,
unha pota das de barro,
e xá ten posto o cacharro,
no trespés da súa lareira.

I el sentado a súa veira,
coa receita no regazo,
está cocendo espiñazo,
e un anaco de cacheira.

Logo botará os cachelos,
os chourizos mai-lo unto,
e completará o asunto,
con un manoxo de grelos.

Sin esquecerse das fabas,
que deixou onte a remollo,
e que lle costaron un ollo,
por non ter das sementadas.

Pra rematar o traballo,
vai facer un rustridiño,
con pementón e touciño,
e catro dentes de allo.

E paparáo de contado,
sin decir nada a ninguén,
pois cos amigos que tén,
non pode andar de fiado.

Sobre todo ún de Lalín,
que presume ter boa boca,
e come todo canto atopa,
sexa sopa ou xabarín.
barcode2-72
Xan Perez, é un pedazo de actor e moito millor rapaz, que vive alá polas terras de Melide. Tiña unha veciña, a Señora Hortensia, que sempre se lembraba díl cando facía o caldo, e agasaiabao con unha taciña. Fai algún tempo, decíame que a súa preocupación era que algún día, a súa vecíña, marchara e deixarao sin aquel caldo que tan a miudo ela facía, e que a íl tanto lle gustaba.
       Daquelas, eu fixéralle un cantar un pouco informal onde describía as inquietudes de Xan. Pasado o tempo, chegou iso que tanto temía… A señora Hortensia, xa moi entrada en anos, marchouse pra vila deixando a casa e abandoando a horta onde ela colleitaba as berzas, nabos, patacas e fabas para facer o caldo co que agasaiaba ao meu amigo Xan.
       Agora, o meu amigo, estando tan preto o inverno, suspira por aquel caldiño e chora ao ver a horta abandonada.
       I eu, presumindo de ser seu bó amigo, e vendo os esforzos que anda facendo para aprender a facer un bó caldiño, non podo menos que dedicarlle outro cantar que ven sendo algo así, como a continuación do primeiro.

198383_196429523721265_4962591_n

Advertisements

3 thoughts on “O CALDIÑO DA SEÑORA HORTENSIA (2ª Parte)

  1. Carafios Pepe. Vexo que sigues coa inspiración intacta e que parece que non pasan os anos por ti, cousa da que me alegro. Ademais vou aproveitar para apuntar a receta do caldo e chamareite para que te achegues ata a Fonsagrada e papámolo entre os dous. Ti trae o viño.
    Unha bico moi grande para todas as mulleres da túa casa e para ti a aperta mais sentida deste teu amigo

    • Que tal Pancho, sigo facendo algunha cousa de cando en vez jeje. Xa sabes que é a miña millor afición, anque xa non coa intensidade daqueles tempos en que os facía pra cantar. Teño que achegarme por eí, a verdade que sí, e tocar xuntos que xa fai ben tempo que non pasa, e non é por falta de ganas, pero un vaise facendo mais cómodo canto mais pasan os anos.
      Unha apreta pri ti tamén meu amigo e eutra aínda mais grande pra tua parenta e fillas, e a ver si te fan avó coma min e nos xuntamos a pe do lume da túa lareira a contar os contos dos avós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s