O GUISO DE LEBRE


O GUISO DE LEBRE.
       Ao tío Mateo, morréralle unha tía que vivía noutra parroquia, a trinta kilómetros monte ao traveso de onde il vivía.
       Por aqueles tempos non había os coches que hai hoxe nas aldeas e os desprazamentos a outros lugares facíanse a pe. O tío Mateo, calzou uns zocos ben chatolados, vestíu o mellor traxe que tiña, púxo na cabeza a boina nova que tiña pros domingos e púxose en camiño, disposto a coñecer de paso algo mais de mundo, pois só coñecía a súa parroquia e as da contorna.
       A tía Nieves envolveulle nun anaco de papel de estraza unha codela de pan de broa e un anaco de touciño para escorrentar a fame do medio día, pois botaba de contas que non chegaría a casa da finada ata as catro do serán, e para apagar a sede, xa bebería auga de calquera regueiro, que daquelas levaban unha auga, limpa e sá e que se podía beber con tada a confianza do mundo.
       Cando levaba andadas unhas cuantas horas, botou man do seu reloxo de bolsillo e mirou que xa marcaba preto da unha. Pensou en andar unha horiña mais para despois sentarse ao pé dun balado, e xantar o bocado que levaba no bolsillo. Con isa idea seguiu camiño, pero ao pouco tempo chegou a un pobo bastante grande no que o primeiro que víu, foi unha taberna con un letreiro no que poñía CASA DE COMIDAS DO XENARO “Especialidade da casa, guisos” E o tío mateo que sempre andaba con unhas boas pesetas no bolsillo do chaleque, pensou entrar E xantar un bo guiso con un xerriño de viño. A codela de pan e o touciño, xa os comería a volta.
       Así fixo. Entrou na taberna, sentouse nunha das mesas que alí había e chamou a señora que estaba detrás do mostrador:
       – Mois bós días cabaleiro…eló, que vai ser.
       – Verá, mirei eí fora que teñen guisos, i eu pensei de mandarlle un bó prato dil xunto con un xerriño de cuartillo de viño tinto.
       – Si señor, o que vostede mande…e de que quere o guiso…
       – Elle o mismo ó, que eu sonlle de bó dente e como de todo…mismo de lebre si é que lle queda.
       – Si señor, si. Agora mismo llo traio.
       E así foi, trouxolle en prato fondo tan cheo que faría randear a pola mais grosa do carballo mais vello. O tio Mateo comeu como si tivese a fame de sete días, e bebeu dúas xerras de viño tinto e que valeirou sin botalo na cunca que lle habían traído.
       Así que rematou o xantar e despois de tomar un par de cafés de pota con pingas de augardente, chamou a señora pra que lle cobrase a derrama que había feito.
       – Señora, faria o favor de decirme o que lle debo… e que xa van sendo moito horas de poñerme de novo en camiño.
       – Ai si señor, si. Sonlle cincoenta reás mais a vontade, -contestoulle a señora con un sorriso- e que tal o guisiño señor, seica estaba bó, ou? Xa vexo que ata enzoufou o pan na salsa.
       -Pois si señora, sí. Estáballe ben bó. Así non deixei nada. O que notei foi que a carne estaba un pouco negra anque moi boa de sabor…
       – Negra dí vostede? Pois non sei porque sería, xa que o gato éralle ben branco.

(Contoumo o Señor Salustiano Hermida , un bó amigo de 93 anos cumplidos -como dí él- e veciño da Parroquia de Lerez)

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s