TRES REFLEXIÓNS SOBRE O CONFLICTO EN ORIENTE PRÓXIMO (Manuel Arean Fernández)


TRES REFLEXIÓNS SOBRE O CONFLICTO EN ORIENTE PRÓXIMO (Manuel Arean Fernández)

– Menudo susto pillei fai unha anaquiño cando volvia de Souto da camiñata, chegando ao salto de Sequeiros, de supeto soan as alarmas, viña tan ido, tan coa mente en branco, tan sosegado…, ata que me decatei que taba preto do embalse e soan as alarmas de que ian soltar auga as comportas, era para avisar os que tivesen rio abaixo non os que viñamos de arriba…, E pensei si eu pillei medo con esta sirena que non pillaran as nais e os nenos/as, os ancians que viven en Gaza cando soan ali as sirenas ou escoitan os cazas…, que afortunado son vivir nun pobo donde soan as sirenas so do embalse…,
Que magoa que milleiros e milleiros de persoas sufran a barbarie…,
——————–
Xa son máis de mil os mortos na franxa de Gaza. Tamén conta os seus mortos Israel.
Confeso que me horroriza que alguén use a palabra «túnel» para xustificar unha matanza de inocentes, a destrución de centenares de vivendas, o desprazamento de miles e miles de homes e mulleres angustiados.
Confeso que me repugna quen, ao tempo que condena con palabras o crime, vende ao agresor armas por valor de mil millóns de dólares.
Se as contas non me resultan mal, eses millóns darían para ofrecer 500 dólares en alimentos e medicinas a cada un dos habitantes de Gaza.
Imaxinen por un momento que Hamas e Israel, Estados Unidos e Arabia Saudí, en vez de gastar recursos en proxectos de morte, se aliasen para aliviar a sorte dos desherdados de Palestina.
Estariamos a falar de humanidade e non de horror!
——————–
O home é un lobo para o home
A expresión en lingua latina “homo homini lupus” significa “o home é un lobo para o home”. Corresponde, como todos sabemos, a unha cita do texto “Asinaria” do escritor Plauto que viviu cara ao ano 200 a.C Foi popularizada, non obstante, por un filósofo do século XVIII chamado Thomas Hobbes o cal consideraba que unha das notas características da esencia humana é o egoísmo, por intermedio do cal o home mesmo remata sendo o seu propio verdugo, é dicir, un lobo para o home. Os xornais de hoxe dan testemuño de que é verdade: Gaza, Ucrania, Centro-África, Siria, Afganistán, a vala de Ceuta-Melilla, etc…, tristura moita tristura…,

*Manuel Arean Fernández, é un cura da miña veciña parroquia de Parada en Lalín. Na actualidade é o cura de San Clodio ao carón de Quiroga, e de dez parroquias mais.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s