O APARELLO DE RADIO


O APARELLO DE RADIO
           Silverio, era un rapaz de unha fermosa aldea da outra veira do Rio das Abellas, que como todos os mozos por aquel tempo, traballaba na casa axudando aos seus pais nas labores propias das aldeas para poder subsistir, e ter un anaco de pan que levar a boca despois da fame que había deixado a guerra civil. Dorinda, era unha fermosa rapaza de unha parroquia preto da súa e coa que andaba moceando de cando en vez.
           Unha mañá, cando facía un par de anos que había rematado a guerra, e despois da misa do domingo, unha parella da Garda Civil, animaba aos mozos das aldeas a que fosen a Lalín para apuntarse e poder mellorar o porvir sendo gardas. Silverio, despois de consultalo cos seus pais decídíu apuntarse coa idea de un mellor futuro fora da aldela.
           Dito e feito, marchouse para academia e botou dous anos fora. Despois diste tempo volveu sendo garda civil e destinado para o cuartel de Pontevedra. Tomou relacións serias con Dorinda e casaron no ano 45. Venderon aos seus irmáns a parte que lles correspondía da herdanza e cos cartos, mercaron unha casiña nunha pequecha parroquia de Pontevedra xunto con un anaquiño de terreo que dedicaban a porral, e un par de vacas que coidaba Dorinda.
           Tiveron tres fillos. O maior, Dositeo, decidiu emigrar a Suiza xunto con un compañeiro. Alí fóronlle moi ben as cousas e alí sigue, pois casou con unha moza Suíza e alí naceron tamén os seus fillos.
           Os meus pais visitábanos moi a miudo pois coñecíanse dende cativos, e ademais Dorinda, era prima segunda da miña nai.
           Nunha desas visitas, o meu pai preguntoulle a Dorinda:
           – Qué, como lle andan as cousas a Dositeo alá pola Suiza.
           – Ben, moi ben. Aínda antes donte, un veciño de eiquí do lado que está con el alá e que veu uns días de vacacións, trouxonos unha carta e un paquetiño con un aparello de radio pois o que temos, xa vai vello. Magoa que se esquenceu de mandarnos o cable para enchufalo e non o podemos acender. En canto vaia Silverio a Pontevedra, terá que mercar ún.
            O meu pai, pedíulle que llo ensinara e decatouse de que aquel aparello de radio era un transistor, pero non traía as pilas postas, e díxolle que non se preocupara que xa se encargaba él. Uns días despois, mercounas en Pontevedra e volveu a visitalos. Pediulle a Dorinda que lle trouxera o aparello de radio, púxolle as pilas e a radio empezou a tocar.
           Contaba o meu pai que Dorinda, non facía mais que mirar arredor do aparello pero que non decía nada ate que Silverio lle preguntou:
           – Que andas a facer, que xa fai un anaco que non fas mais que mirar pro aparello de radio e non dis nada…
           – Estou pensando por onde raios entrou a xente que está tocando dentro si non hai ningún cable por onde entrar.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s