FESTA DO XAMON EN BERMES (Lalín)


FESTA DO XAMON EN BERMES (Lalín)

IMG-20140801-WA0001

          Dí un coñecido refrán, que a ninguén lle amarga un doce.

          O xamón, é a mellor parte do porco, o producto mais tradicional e exquisito da nosa bisbarra. Utilizado en tempos non moi lonxanos para aprobar un exame ou como agasaio ao político de turno, agora sirve de reclamo gastronómico na parroquia de Bermés dende fai xa 16 anos.

          O que comenzou sendo unha festa casi familiar, convertíuse en unha das mais importantes festas gastronómicas que se celebran en toda a  Bisbarra do Deza.

          Ao abrigo da carballeira que conforma o campo da festa, a unha veira da carretera que vai de Lalín as Cruces, xúntanse uns cuantos milleiros de persoas atraídas pola gran calidade do producto a un precio asequible, e presentado de diferentes maneiras para súa degustación.

          Anque nos comenzos costou poñela en marcha, dezaseis anos despois debido ao bó traballo da comisión organizadora, é unha festa consolidada que axuda a coñecer aínda mais a esta fermosa parroquia, que acolle cos brazos abertos, a quen queira achegarse a ela, co ánimo de pasar unha boa parte da noite ao compás das orquestras que amenizan o evento, e que marca o comenzo das festas patronais na honra de Santa María.

          A calidade do xamón, xunto co pan de Lalín e regado co mellor viño do ribeiro, farán que esa noite sexa inesquecible para todos os que queiran achegarse ata Bermés.

          Boas festas.

P8140004

IMG-20140801-WA000111863342_965430963499611_5612368672949066449_n

Advertisements

One thought on “FESTA DO XAMON EN BERMES (Lalín)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s