TOURADAS EN PONTEVEDRA


TOURADAS EN PONTEVEDRA

          Agora que se achegan as Festas da Peregrina en Pontevedra, comenza a acompañarme o cabreo pola celebración de touradas na miña cidade e que a prensa nacional refírase a nós, como a capital galega da tauromaquia. Pero ainda me cabrean mais alguns dos razoamentos que dan os amantes de iste tipo de espectáculos sangrentos para xustificalos.

          O primeiro que che dín é que “ son unha arte”… mmm…  a min dame que a arte consiste e crear ou construir, polo que penso que a morte sexa do que sexa e de quen sexa, terá de todo menos arte. Tamén che dín que é unha tradición, e como calquera tradición hai que mantela, anque para min perpetuar calquera acto violento é un claro siño de incivilización. A tradición, tamén debe construir e ser un soporte pro noso futuro.           

         Dín os entendidos na materia que “Os touros son cultura” . Esta mañá, estiven buscando en Google e tratando de atopar algo sobre as touradas. Esta é unha das cousas que atopei:

          (En 1980, a UNESCO, máxima autoridade mundial en materia de cultura, emitiu a súa opinión ao respecto: A tauromaquia é o malchamado e venal arte de torturar e matar animais en público segundo unhas regras. Traumatiza aos nenos e aos adultos sensibles. Desnaturaliza a relación entre o home e o animal).

          Tamén me fun a RAE para ver a que poñía sobre da cultura e dí textualmente:

          (Conxunto de modos de vida e costumes, coñecementos e grao de desenvolvemento artístico, científico e industrial, nunha época, grupo social, etc.”  )

           Por outra banda, dinche que o touro morre diñamente. Pois ben,  non sei onde raios lin algunha vez que a dignidade é un valor e unha categoría construída polos humanos para simbolizar as súas cousas. Para un animal o sufrimento e a morte non son nin diñas nin indiñas, son eso…morte, e cando mais pronto suceda, mellor . Sáenche con que en Galicia os porcos da ceba, matábanse tamén de unha maneira sangrenta i eu non o nego, pero sí lles digo que o porco, base fundamental da alimentación do noso rural, matábase por necesidade e non por espectáculo, e según foron andando os tempos, foise humanizando a súa morte (por decilo de algún xeito) e hoxe, tratamos de que sufra o menos posible e non montamos un circo para entretemento de uns cuantos “imbéciles i escuros”. A morte é o remate da vida e canto mais pronto suceda, mellor.

          Un dos argumentos que mais me fai rir é “O touro non sofre”, como dando a entender que o sistema nervioso de un touro está inutilizado. Como carallo non vai sentir a pica, as banderillas ou a espada. Somos parvos ou qué…Ou acaso o touro mexase e cágase na praza porque lle entra o medo.

           Como derradeiro argumento, a tan siñificativa frase de  “quen queira ver os touros que os vexa, o que non que se vaia”.  Podería dicirse o mesmo da violencia de xénero;  o que queira facelo que o faga, os outros, que fagan a vista grosa e miren para outro lado. Pois non. Eu non miro para outro lado. A min non me gustan e aínda menos, que se subvencionen cos meus cartos. Tampouco os prohibiría porque entendo que en este mundo ten que haber de todo, así que alá cada ún coa súa concencia. O que si quero é que non traten de tomarme o pelo con semellantes trapalladas argumentarias.

          E xa para rematar. Si hai algo que me fode por riba de todo, é que lle chamen “mestres” aos toureiros e que se dén argumentos para xustificalos. Os Mestres, son outra cousa y si se respetase a vida dos animais, non habería nada que xustificar.

          Unha aperta para todos e felices festas a pesar destas cousas.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s