NA ALDEA DE CASTRO


NA ALDEA DE CASTRO

Na aldea de Castro,
no lughar da vila,
paséase Méndez,
con moita alegría.

Morreulle a muller,
e foina enterrare,
e díxolle ó crego;
– Quérome casare.

Respondeulle o crego,
todo enfadado,
-Serás galopín…
¡O pasar un ano!

Respondeulle Méndez,
– Non lle teño xeito,
pois a dormir solo,
non estou afeito.

Respondeulle o crego,
un pouco severo,
– Trae as municións,
lereinas no enterro.

E marchouse Méndez,
cara Fontefría,
ver unha rapaza,
que por alí vivía.

O pai da rapaza,
quera tabaqueiro,
díxolle a Mendez
poñendo o sombreiro.

– Antes de xantar,
o caldo do pote,
bota no sombreiro,
o papel da dote.

Contestoulle Mendez,
todo enfurruñado,
– A dote que teño
á ser de sobrado:

Unha cabra vella,
un cabrito coxo,
unha manta rota,
cun remendo roxo.

Un caldeiro vello,
e un pote sin asa,
é todo o que teño
pra rexir a casa.

E díxolle o pai,
mirando ó través,
– Para ser viudo,
moito non tes.

E dixo a rapaza,
– Que dote nin diaños,
si aquí o que importa,
non son os cartos.

Que antes de pasar,
outra noite fría,
prefiro andar quende,
de noite e de día.

(Co meu agradecemento ao matrimonio:
SERVANDO FERNANDEZ/LOURDES CARAMES e algun veciño mais do Concello de Rodeiro por cantarme esto alá polo outono do ano 1978 na feira do 18 en Lalín. Daquelas, xantábase o pulpo nos baixos das casas da feira, naquelas longas mesas onde se sentaban unhas vinte persoas e nas que se cantaba despois do xantar cando escomenzaban as quenturas do viño e a augardente)

sin-tc3adtulo3

Advertisements

2 thoughts on “NA ALDEA DE CASTRO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s