DON RICARDO PORTELA


DON RICARDO PORTELA

250px-Ricardo_Portela

          Nos derradeiros anos 80, tiven a ledicia de falar con el. Eu coñecíao e el tamén a min, pero non tiñamos falado nunca.

          Naqueles tempos eu empezaba co meu traballo de rotulista cando aínda non se sabía o que era un ordenador, nin se falaba de deseño gráfico. O traballo facíase a man cuns pinceis aos que se coidaba coma se fosen fillos.

          Aquel día atopábame diante da Diputación de Pontevedra pintandolle os escudos a un coche oficial, e D. Ricardo, iba ao organismo solicitar unhas subvencións pra escola de gaitas.  Parouse onda min, mirou como pintaba e a conversa que tivemos mais ou menos foi así:
          – Bos días, ti eres  Buxán, coñézote de catar e aínda estiveche fai uns días cantando en Carballedo.
          – Pois si señor, eu tamén o coñezo a vostede e teño entre os músicos que mais admiro.
          – Non sabía que traballabas de rotulista e agora que o sei, gustaríame pedirche un traballo por si poideras facelo.
          – Vostede Dirá, e se se pode, pode dalo por feito..
          – Teño un bombo recén estreado gustaríame rotularlo co escudo do concello de Cotobade e o nome da escola, se me fai un presuposto para entregar á directiva, agradeceríallo.
          Lémbrome que lle comentei que llo facía fóra das horas de taller, e que  me conformaba con que me tocase a gaita mentres eu pintaba. Deulle a risa e díxome que si era por iso non quedaría o bombo sen pintar.
          E así foi a cousa. O único cambio que houbo foi que en vez de pagarme tocándo a gaita mentras eu facía o meu traballo, traíame un par de cervexas para facelo mais levadeiro.

          Ás sete do serán, cando acababa o meu traballo, dedicábame unha hora a pintar o bombo, e él viña todos os dias coas cervexas fresquiñas para acompañar o traballo e a conversa que tiñamos sobre a nosa música e outras cousas da vida. En uns quince días quedou o bombo pintado, moi fermoso porque foi feito a gusto para unha persoa que admiraba.

          Despois, seguino nas festas onde tocaba e visiteino algunha vez na escola de gaitas que tiña. Sempre mo ensinaba e falábame do coidado que o tiña. Despois de finar D. Ricardo, non volvín saber do bombo, pero conservo unha foto do día que quedou rematado, e anque foi feita con unha máquina daquelas de “foto instantanea” e está perdendo a cor, sempre é unha ledicia mirala e lembrarme de aqueles fermosos intres que pasei na súa compañía..

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s