UNHA MOZA DE BENDOIRO (Cantar de cego)


UNHA MOZA DE BENDOIRO (Cantar de cego)
Estaba lavando roupa,
nas augas dun lavadoiro,
unha fermosa rapaza,
da Parroquia de Bendoiro.

Vestía falda rabela,
e como estaba algo cangada,
enseñaba as pernas todas,
si por detrás se miraba.

Había un mozo na aldea,
tentando mirarlle o niño,
e sin que a rapaza o soupese,
achegouse caladiño.

– Mira ti que eres fermosa…
¡Que pernas mais jordas tés!
Por mirarte estou temblando,
dende a cabeza ata os pes.

A rapaza o decatarse,
de que a estaba mirando,
botoulle a man a unha pedra,
e foise trás del zumbando.

¡Lévete o demo rapaz!
Que agora que o penso, seino,
que si non foran as brajas,
mirabas todo o meu reino.

E respondeulle o rapaz,
que  como algo xa mirei,
que o non ser republicana,
deixaría entrar ao Rei.

Non te me poñas nervioso,
e trata de ir aguantando,
pois tamén me aguanto eu,
anque esteña rabeando.

Ti aguantas porque queres,
que pra eso nos deu Dios,
aparellos naturales,
pra que os usaramos nós.

En eso vas ter razón,
e non me contas mentira,
pero o medo que che teño,
é que me infles a barriga.

Perde coidado mociña,
ti di que sí nada mais,
que despois caso contigo,
si é que queren os teus pais.

Pois vamonos indo logo,
cara daquela xesteira.
¡E empezaron entre as xestas,
e acabaron na palleira!

E esto foi o que pasou,
tal como a min mo contaron.
Botaronlle as municións,
e ó pouco tempo casaron.

PARRAFEO DE DORITA E GERMAN 1

(Fai algúns anos escoiteille a un cego durante a Semana Verde de Silleda, unha fermosa cantiga da que non gardo a copla. Como me lembro de algún anaco da letra, permitinme a licenza de completala a miña maneira para poder cantala)

Sin título

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s