AUGA MAXICA DO SAN XOAN


AUGA MAXICA DO SAN XOAN

          A noite de San Xoan, din que é a mais cativa do ano pero tamén é a mais máxica. En Galicia é a noite do lume, das cacharelas e das augas milagreiras, tamén é a mais rica en lendas e costumes.
          A auga milagreira faise recollendo herbas e plantas con moito arrecendo, pois din que canto mellor cheiren, mais espantan os malos espritos e as bruxas. Recóllense polo serán do día 23 e deixanse na auga toda a noite. Que ledicia, e que gratificante sair o monte cos Avós a recollelas.
          Magoa que esta tradición vaiase perdendo, sobre todo nas cidades, onde por mor da velocidade nas que se vive, fai que se estraguen e boten a perder moitas das tradicións que nos ensinaron os nosos avós e que eles aprenderon dos seus.
          As herbas que compre atopar para facer a auga son, o trementelo, abelouro, codeso, herba luísa, fiuncho, malva, fento macho, carrasquiña (é moi dificil de atopar), sabugueiro, romeo, ollo de prata, espadaina, orquideas autóctonas e algunha que outra mais. Con elas faise un pequeño moio e metese nunha palangana todas cubertas de auga.
          Hai sete que son consideradas en moitos lugares como propias do San Xoan, e bótanse na auga de sete fontes distintas. Non sei si terá algo que ver esto cos sete días que din que tardou Deus en crear o mundo, anque parece ser que no séptimo non traballou moito:

954793_4957007603122_220121635_n (1)
• O hipérico ou herba de San Xoán alivia a depresión e protexe contra os malos espritos. Ten propiedades cicatrizantes, aptisepticas e diuréticas.
• O fiúncho protexe do mal de ollo e ten propiedades diuréticas e dixestivas
• A herba luísa ou verbena ten propiedades dixestivas.
• O codeso ou xesta ten propiedades purgantes, diuréticas e tónicas para o corazón. Utilizase para barrer a casa para purificala e protexela dos malos espíritos.
• O fento macho é velenoso. é un antiparásito moi bo e actúa como paralizante muscular. Dise que bota flor a media noite do san Xoán.
• A malva, é boa para a picadura das avellas e queimaduras.. Serve para todo: resfriados, bronquitis, afeccións dixestivas, nervios, etc.
• O romeu purifica e protexe. Ten propiedades tónicas e estimulantes, moi bon para a reuma, artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa, etc.
          Nas aldeas a palangana coa auga, deixábase sempre fora para que San Xoan a bendecira durante a noite, e tapábase con toxos pra que o demo non cagara nela.
          Ao outro día pola mañá, sácanselle as herbas e coa auga lavanse as mans e os pes para purificar o corpo e protexelo das enfermedades, e din que non se pode secar con trapo ningún. Ten que que secar có ar e co sol. A verdade é que non sei si purifica e cura, o que si sei é que o corpo queda con un arrecendo a natureza que da gloria.
          O moio feito coas herbas, colgábase na parede da lareira o resto do ano e tamén había a crenza de que si as mozas o metían debaixo da almofada, soñarían pola noite co que ia ser o seu home.

Vinte unha crara noite,
noitiña de San Xoan,
poñendo as frescas herbas
na fonte a serenar. (Rosalía)

599794_3422356357800_308354192_n

Advertisements

3 thoughts on “AUGA MAXICA DO SAN XOAN

  1. Moi ben, pero a pranta que pós na fotografía non é ningunha das que citas. É sempreviva fedorenta (Helichrysum foetidum). Andan por aí a dicir que é árnica e outros que é a “herba de San Xoan” pero é falso, non é ningunha das dúas. Esta pranta veu de África e naturalizouse en Galicia.

    • Pois si Machafato. Non coñecía o seu nome anque sabía que non é unha das sete principais. Polo Deza, hai zonas hacia as Cruces en que é moi abundante e coñécese como herba de San Xoan ou flor de papel, e quizais sexa a mais utiliada polo agradable cheiro que ten. Lémbrome que de cativo, poñíase nas habitacións pra compensar o cheiro das cortes. Unha aperta

      • Eu gusto desta pranta tamén, pero é coma a ruda (que tamén se usa por moitos para a auga de San Xoan), que non toda a xente gusta dela no estado natural, que logo o arrecendo que lle da á auga xa é outra cousa. Cando era neno víase máis que agora. Outra aperta tamén.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s