FRANCISCO VILARIÑO, VECIÑO DE MUIMENTA. “O ULTIMO XOGRAR”


FRANCISCO VILARIÑO, VECIÑO DE MUIMENTA. “O ULTIMO XOGRAR”
Francisco Vilariño García, ilustre cronista e antigo mestre, naceu en Muimenta no ano 1838, fillo de Miguel Vilariño e de Manuela Garcia, casouse con Basa Ramos e tivo seis fillos: Cesarina, Aquilina, Amancio, Xesús, Carolina e Manolo; falecida a súa esposa voltou casar con Esperanza Fernández, da que non tivo descendencia; dedicou a súa vida ao ensino e tamén participou na política local. Faleceu na súa casa de Lalín, no barrio da Cacharela, o 12 de Decembro de 1926, aos 90 anos de idade, El enterro tivo lugar o día 15, ás once da mañá; o pobo de Lalín e os seus contornos acudiron en masa a renderlle o último tributo, evidenciando as numerosas simpatías coas que contaba.

Imaxe           Durante a súa longa vida soubo captarse as simpatías de todos os seus conveciños e compañeiros de profesión. Consagrou gran parte da súa vida a desbrozar intelixencias e formar corazóns. Era un home de grande experiencia e cultura que adquiriu, pasando pola maior parte dos destinos da Administración, antes do seu ingreso no Maxisterio, cargos que desempeño na vila de Lalín, pobo do cal era o máis entusiasta, fervoroso e documentando cronista: quen tivera necesidade de coñecer a orixe etimolóxica do nome dalgún pobo ou investigar as súas orixes familiares, coñecer algo sobre os seus antepasados, sobre algúns acontecementos notables, etc. dirixíase ao Sr.Vilariño.      Escribiu meritorios traballos sobre historia local e rexional: expoñía os seus pensamentos de forma esquemática, que logo o seu fillo D. Jesús Vilariño, ampliaba para dalos á publicidade. Foi un loitador xornalista, colaborou nos xornais coruñeses “O Orzan”, escribindo sobre episodios da vida e da historia e no “Maxisterio de Galicia”, sobre asuntos profesionais relacionados co seu labor docente.
Á súa morte deixou un importante número de escritos inéditos que versaban sobre estudos interesantes para coñecer o desenvolvemento, a importancia e riqueza da Bisbarra de Deza e escribiu unha pequena obra sobre o Partido Xudicial, titulada “Lalín a través dos século “. Obra que pronto se esgotou pola moita propaganda que dela fixeron os seus entusiastas admiradores e paisanos residentes en Cuba e América do Sur, cuxo labor foi premiado con recompensas pecuniarias que lle remitiron dos devanditos países e ao seu fillo co regalo dalgunhas xoias de valor, en proba de recoñecida gratitude.
Con motivo do raid Madrid-Manila escribiu unha sentida poes ía “Po-los da Terriña”, dedicada ao aviador Loriga, que apareceu no xornal da Coruña “Orzan”, baixo o título de “O ultimo xograr”. O xornal comenza explicando o porqué da súa publicación, facendo unha acendida loanza da marabillosa poesía, comparándoa co Cantar do Meu Cid e os versos de Arte Maior. Di o xornalista que dende Lalin, a pintoresca vila da meseta galega, lles chegou a través do correo unha “cuartilla” ateigada de cariño, dedicada ao paisano Loriga, con ocasión do seu voo a Manila. Segundo o xornalista, a cuartilla contén unha poesía inxenua, infantil na forma, escrita por un venerable ancián e o xornal hónrase en publicala, tanto pola súa procedencia coma polo seu sabor arcaico, de arte primitiva e intensa sen dúbida ningunha, malia os defectos puramente externos e de factura que lle engaden sinceridade e lle imprimen o carácter dos versos en que o idioma castelán empezou a cantar. Nas sinxelas palabras vernáculas, do venerable ancián, hai acentos do “Poema do Cid” e ritmos dos versos de Arte Maior en que gababan as vidas dos heroes, os clérigos do “Mester de Clerecía” que usaron a “Caderna Vía”, douta e realista ao mesmo tempo, chea da dignidade latina e da graza rústica dunha idade nacente, a Idade Media.

Imaxe           A “Cuartilla” empeza con unha dedicatoria ao heroe da fazaña da viaxe Madrid-Manila e de seguido “Po-los da Terriña”:
Decima adicada o siñor Loriga Taboada por un velliño de noventa años como homenaxe e glorificación que lle rende, xa en calidade de Fidalgo da nosa terra de Deza onde feguraban os principás cabaleiros d’Aurora, e xa po-lo gran resgo que corren e’o seu tan grande estreumento avanzando po-lo aire cuasque medio mundo, sin reparar que, cando comenzou a voar, a su naiciña quedaba chorando.
O que nunca o mundo viu cursidoso
Véuno acó n’os nosos baldios eidos
Voar com’os xinxeles lagarteiros
Por cima d’os penedos e-o mar fondoso
Sin por eso levar medo ansima contado
Chamanlle moitos tremendo fregado
Porq’a empresa de Galarza e de Loriga
Unha solla se viu moy parecida
Na mais q’outro pudo haber logrado

Imaxe(Artigo do historiador , natural de Donramiro e residente en Madrid, Antonio Vidal Neira no seu Blog “Historia de Deza”.)
Madrid, 26-5-2014

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s