O CANTAR DA TIA PEPA E FARRUCO


O CANTAR DA TIA PEPA E FARRUCO

Boas tardes tía Pepa
véñolle ver a rapaza,
pois quero casar con ela,
si ma dá de boa gana.

Doucha de ben, meu fillo,
o caso é que ela queira,
pero si ela non quere,
aínda eu non son tan vella.

¡Alabado sea Deus,
qe logo topou remedio!
Si non me caso coa filla,
a nai sírveme o mesmo.

Entra pra dentro Farruco,
e séntate a pé do lar,
que a nena vai no muíño,
e debe de estar a chegar.

Pois sentarei logo un pouquiño,
que apenas lle estou cansado,
e a calor non me sobra,
que fai un frio do diaño.

Pois dígoche Farruquiño,
si me queres de boa gana,
xa podes tratar conmigo,
antes de que veña a rapaza.

Eu, a ustede querolle ben,
e aínda nais a súa filliña,
que ustede é mais vella
e sua filla mais noviña.

A rapaza eche mais nova,
pero a probe non ten nada,
e si te casas conmigo,
levarás vida aliviada.

En eso casi ten razón:
Co cara que está a vida,
pouco vale nena nova,
si non hai pan pra barriga.

Deixa as historias Farruco,
tratémos de nos casar,
que a nena vai no muíño,
e debe estar a chegar.

Pepa do meu corazón,
casémonos cando queiras,
pero primeiro asme deixar,
mirar a chiculateira.

Eso sí que non pretendas,
porque vas perder o tempo,
pois solo cha ei de enseñar,
o día do casamento.

Non me fagas rabear tanto,
pepa do meu corazón,
mira que estamos solíños,
e non temos mellor ocasión.

Dareiche un bico e un abrazo,
pra que te marches contento,
o resto deixarémolo,
pra noite do casamento.

O darlle Pepa o abrazo,
Farruco, como era moi pillo,
sin que ela se dera conta,
meteulle a man no rexistro.

Pepa perdeu o sentido,
o sentir andar na palleta,
e namentras tanto Farruco,
tocoulle ben a pandeireta.

Cando recobrou Pepiña
dixo a probe sin alento:
¡Agora sí condenado,
que podes ir ben contento!

En eses mesmos instantes,
chega a filla do muíño,
E pregúntalle a sua nai,
que lle fixo Farruquiño.

Andivo conmigo a tumbos,
coma un can adoecido,
eu logo perdín o acordo,
e non sei o que me fixo.

Pois sí que che estamos ben,
as dúas con Farruquiño,
así andivo conmigo,
moitas noites no muíño.

Que paliza que merece,
ese home tan canalla,
poñelo a pan pedir,
pra que non valga pra nada.

E Farruco o oir aquello,
por non meterse en obranza,
salíu pola porta pra fora,
camiño da súa casa.

Que si me pillan as dúas,
-dixo Farruco temblando-
podenme apretar a gorxa,
pois son peores ca un gato.

(Contoumo a Sra. Amparo Vilariño Rivas de 78 anos da Parroquia de Salcedo en Pontevedra alá polo ano 81 un día de vendima na casa de uns amigos en Marcón. Anque o recitou, comentoume que sabíao por súa nai que o cantaba cando ela era cativa pero que non se lembraba da música)

sin-tc3adtulo3

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s