DOUTORES E ENFERMEIRAS


DOUTORES E ENFERMEIRAS

Atopàbame na cama,
con corenta graos de febre,
cando arrinco onda ó doutor,
rapido coma unha lebre.

— Ándolle un pouco fodido,
e ata teño mal color,
recéteme unhas pastillas,
que me baixen o fervor.

— Espéreseme un momento,
que antes teño que auscultalo,
pois así… a primeira vista,
ten a febre dun cabalo.

Ademais está tremendo,
dende a cabeza ata os pes.
Vaia abrindo ben a boca,
e decindo trinta e tres.

Miroume de diante atrás,
e dende abaixo ata arriba,
mandoume sacar a língua,
e palpoume na barriga.

— Vaime ir onda a enfermeira,
pra devolverlle a salú,
que lle poña un par de “picas”.,
nas dúas nádegas do cú.

Anque pra mellor efecto,
que llas poña nunha vena,
e tome destas pastillas,
ó almorzo e mais a cena.

Logo chamou a enfermeira,
que seica era algo novata,
e sacou unha xeringa,
dos bolsillos da súa bata.

— Teño que poñerlle a vía,
pra meterlle a mediciña,
vaia quitando a chaqueta,
e arremángue a camisiña.

Comenza a palparme a vea,
que non para de bailar:
— A ver si se pon quetiña,
¡¡Porque a teño que pinchar!!

A enfermeira, algo indecisa,
estaba mais ben sustada,
e dinlle conversación,
pensando tranquilizaba.

— Veña, deme a estocada,
e non vaia errar vostede,
ou voume poñer mais branco,
co caleado da parede.

Se quere suxetolla eu,
pra que ma pille mellor,
a ver se así entre os dous,
non sinto tanto dolor.

Sempre pasa nistes casos…
¡¡Non atinou a primeira!!
Volveu errar a segunda,
pero acertou a terceira.

O caso foi que ós dous días,
entre picas e pastillas,
estaba papando un cocido,
coa muller e as dúas fillas.

Asi que lles dou as grazas,
enfermeiras e doutores.
Tendos a vostedes preto,
non virán males maiores.

(Con todo o meu cariño e agradecemento ás enfermeiras e doutores
do Sanatorio Domínguez de Pontevedra así como aos do Centro de Saude da Parda pola pacencia e atención con que me atenden nas miñas visitas aos centros)

Imaxe

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s