INTENTANDO FALAR O CASTELAN


INTENTANDO FALAR O CASTELAN

         Queridos amigos: o conto que vou a contar ten un fondo real que hoxe, afortunadamente, non existe. Hoxe os galegos temos conciencia da nosa terra, do noso idioma e de todo canto nos rodea.
Resulta que antes, aos galegos, sobre todo aos que eramos do rural tíñannos acomplexados, e tan reprimidos na nosa lingua e en todo o que se refire á nosa terra que por forza tiñamos que avergoñarnos de ser galegos, e cando saíamos da aldea tratabamos de falar o castellano ou de falar o que fora para que non os reprimiran ou para que non se risen de nós. Entón creouse unha mentalidade de avergonzarse de ser galego.
E algo desto pasoulle a Salvador de Salustiano da aldea de riba cando un día de feira en Pontevedra achegouse a ela para mercar dous porcos da ceba.
Nada mais poñer os pes na terra, o botar a man o bolsillo para prender un pitillo, douse de conta de que quedaralle o tabaco e os mistos enriba da artesa da lareira. Mirou daredor súa e viu non moi lonxe un estanco. Alá foi para mercar o tabaco e os mistos para calmar a súa ansia de fumar.
Nada mais entrar e mirar pra fermosa rapaza que atendía no mostrador e querendo aparentar ser un cidadán do pobo inflou de peito, estarricou o pescozo e Dixolle:
— Deme una caga de cirillas y una cagitilla de cieltas.
— Hombre, parece que por su manera de hablar, es usted de la aldea.
— ¡¡ Son merda ¡¡ ¡¡ Xa non quero nin caga nin cagitilla ¡!

(Escribo tal como o contou o Sr. Anselmo Rodriguez Valiñas de 92 anos e veciño da parroquia de Lerez, nunha xuntanza de música e contos cos vellos na Residencia da Terceira Edade)

Sin título

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s