O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA


O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

Escoitenme meus señores,
o que lles vou a contar,
e que no barrio do Coto,
tivo a magoa de pasar.

Nun día do mes de Marzo,
de mil novecentos nove,
alá polo medio da tarde,
deses dias que mais chove.

Adentrouse na taberna,
o señor Santiago Ares,
e pedíu falar axiña,
con Feliciano Fernández.

Baixou do andar Feliciano,
e deu en tratar con el,
para que fora a Mondoñedo,
que mais tarde iría el.

Ó pouco saíu da casa,
quizáis por última vez,
colleu camiño da Vila
montado no seu corcel.

No camiño da fervenza,
foise atopar con Ares,
decindolle que se baixara,
que iban a ter uns falares.

O dos “músicos” baixouse,
con algo de desconfianza,
e o criminal do Ares,
acoitelouno na panza.

Despois cargou a escopeta,
ao ver que se escapaba,
pero non dou atinado,
ó que xa se desangraba.

En canto chega a San Lázaro,
volve carga-la escopeta,
e zorrega un par de tiros,
anque con pouca certeza.

Namentras o feliciano,
a súa casa chegou,
con toda-las tripas fora,
das feridas que levou.

Tales eran as feridas,
que non durou moito tempo,
e no serán do outro día,
xa tiña o velorio feito.

E o vintedous de mañá,
de un chuvioso mes de Marzo,
no convento da Alcántara,
saíu culpable Santiago.

Ninguén sabe porque o fixo,
algúns din que foi por celos,
pois seica que non lle daba,
a rapaza bos consellos.

Santiago foi condenado,
a catorce anos de cárcere,
e a pagar duas mil pesetas
a familia de Fernández.

               Letra: Antón Reigosa Lombao – Lugo
               Arranxos: José Iglesias Fernández

(Relato de un crime acontecido na provincia de Lugo e feito a modo de un cantar de cego)

Sin título

 

Advertisements

One thought on “O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

  1. Que fermoso Pepe. Xa sabes o que me gustan a min estas cousas. Agora a poñerlle música e cantalo. A miña felicitacion pro autor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s