A ESMOLA
As portas de unha igrexa, un probe pedía esmola:
– Non me dará unha limosniña, devotiño, pola almiña dos seus difuntiños? Que inda nunca pan lle falte!
– Non levo nada, señor. Non levo nada soelto. Cando volva da misa xa lle darei algo.
– E non me dará lume, señor, que me esqueceron os mistos na casa…
– Si, home. Non faltaba máis. Tome.
– Que Dios llo pague, señor: que inda lume nunca lle falte nin neste mundo nin no outro!
(E un anaquiño do conto “Trato a cegas” de Carlos o Xestal)
Advertisements