CEGO SI, PERO SO DUN OLLO


CEGO SI, PERO SO DUN OLLO

As lenguas de doble filo
contáronme fai un pouco,
tremenda historia gaitera,
desas de “ahí viene el coco”

O Señor Don diputado,
con un séquito aguerrido,
planearon con moito esmero,
un festival divertido.

– Haberá gaiteiros a esgalla,
de todas partes venidos,
e tamén da nosa terra,
dos que son nosos amigos.

E puxéronse a pensar,
de que modo e que maneira,
podían traer aos mellores,
sin valeirar a carteira.

-Dirémoslles que si veñen,
de seguro promocionan,
e si temos boa sorte,
moitos cartos nos aforran.

E mandou seus emisarios,
coa orden de pactar,
cos gaiteiros unha paga,
con esta escusa sen par:

– Custa moito contratarvos,
ós bailaríns e ós gaiteiros,
así que para vosoutros,
non nos chegan os diñeiros.

E ofreceulles moito menos,
do que de cobrar debían,
nin a mitade chegaba,
do pago que merecían.

E foilles vender a moto,
que por boa causa era,
que ao achegar posturas,
a pena ben merecera.

-Señor de lonxanas terras,
vaia negocio me ofreces,
vaite rañar a barriga,
que outra cousa non mereces.

Esta historia enseñounos,
ben fermosa moraleja,
“O que queira bós gaiteiros
que os pague a tocateja”

Epílogo:
“Viñéchesme ver Rafael,
pensaches que me enganabas
son cego, máis só dun ollo,
nistes dous non teño nada.

Sin título

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s