O CANTAR DA LEBRE


O CANTAR DA LEBRE

“O día cinco de xaneiro
vaia día máis fermoso,
pasou un caso en Roimil :
escapoulle a lebre ó Coxo.

Escapoulle a lebre ó Coxo
aínda cha ha de estrañar
desde o mes de setembro
que a tiña a cebar.

A lebre estaba viciosa
roeulle as varas ó cesto
e saíu daquel encerro
despois de catro meses dentro.

Chamou o Coxo ós cazadores
pra que lla foron pillar
saíu Lucas e Quiroga
non a puideron matar.

Non a puideron matar
a bo fe, viñan cansados:
ela quedaba escondida
na chousa de Quitarrabos.

Lucas de tanto correr
xa lle pingaba o bigote
e dixo: Non corro máis
sen o viño do pipote

O Coxo de visto tal,
deu en ‘reñer’ coa Racha;
mandou aviso a Trasmonte
ó Ferreiro da Muraza.

O Ferreiro en vista disto
preparou a carabina
pasou a noite tras dela
ata o marco da Valiña.

E a pobriña da lebre
por onde ela andará,
o día sete de xaneiro
pasou a ponte de Saa.

Pasou a ponte de Saa
xa non leva moito medo
púxose a comer as herbas
no anabado de Cubelo.

A lebre ten moita forza
porque estamos en xaneiro;
non estaría hoxe viva
se vivise o Culleireiro”

(Recitoumo a veciña de Toques Erundina Lopez Sabrexo o día 16 de Outubro do ano 1979. Coñecese como o “Cantar da lebre” En el faise referencia a distintas parroquias de Friol e Guitiriz, e os persoaxes que aparecen seica eran distintos cazadores moi coñecidos da comarca)

Sin título

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s