O FARRUQUIÑO MAILA SOGRA


O ROMANCE DE FARRUQUIÑO MAILA SOGRA

Boas tardes miña sogra:

Véñolle eu pedir a filla,

se ma dá séntome un pouco,

e se non, marchome axiña.

 

A miña filla, Farruquiño,

é moi nova pra casar.

Só che ten corenta anos

e pódesma destragar.

 

Alabado sea Dios, pero…

Vostede que dí miña sogra,

¿Cómo lle vou destragar a filla?

si xa non ten dentes nin moas!.

 

Pois a filla non cha dou,

que diaño che ei de facer,

si estás feito un folgazán,

e non ma podes manter.

 

Pois téñolle un bon oficio,

ben sabe que son gaiteiro,

ándolle de festa en festa,

e gano moito diñeiro.

 

A túa gaita Farruco,

ten a miña filla tola,

xa non come nin traballa,

senón pensando na voda.

 

Pois entonces, miña sogra,

déixeme a filla levar,

que despois de estar casada

gaita non lle vai faltar.

 

Cando marchaba Farruco,

-dixo a probe da rapaza-

Farruco, se non recelas,

pódesme  enseñar a gaita.

 

Ten coidado Maruxiña,

porque cha levo gardada,

heicha enseñar pola noite,

que vou tocar na foliada.

 

Inda non ben veu a noite,

Maruxa non se olvidaba,

botoulle a vista ó punteiro,

e dixo que lle gustaba.

 

E aquí se acaba o cortexo,

de aquel famoso gaiteiro,

que para engaña-la rapaza

enseñoulle a gaita primeiro.

(Este fermoso Romance de Cego, contoumo a señora Adoración de Ríos, dona do señor David da taberna do Castelo, Deus os teña na gloria. Ela e a miña nai decian que o sabían dende cativas por escoitalo na casa pero non se lembraba da música. A miña nai só se lembraba de catro ou cinco estrofas. Despois de insistirlle moito, unha noite na cociña de ferro da taberna e mentras fritía unhas sardiñas que trouxera a miña nai de Pontevedra, foimo recitando para escribilo nun papel destraza que aínda conservo tal cual. A esta muller tíñalle un cariño especial, pois foi a que axudou a miña nai a traerme ó mundo na casa do Castelo, de feito sempre me decía que ela era a miña madriña e que a verdadeira era postiza)

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s