CRIME HORRENDO EN LALIN (Cantar de cego)


CRIME HORRENDO EN LALIN

Poñan  atención señores.

¡¡ Un momento, por favor !

Que aquí estou pra lles contar,

un suceso con dolor.

 

Foi nun lugar de Lalín,

queste crime aconteceu,

nunha pequeniña aldea,

alá onde nacín eu.

 

Había alí un matrimonio,

que tiña moi boas terras,

gardado un montón de trigo,

e aforrado unhas cadelas.

 

Tiñan sona de boa xente,

traballadora e honrada,

e asegún decía o cura,

modelo de fé cristiana,

 

E ademais tiñan tres fillos:

dúas femias e un varón,

Asunción e mais Sofía,

i o seu seu irmao José Antón.

 

Entre ó home e a muller,

tan diferente era a edade,

que iba pra vello ó Anton,

e pra moza Soledade.

 

Tan cheos estaban del,

-pois era moi amarrado-

que unha noite decidiron,

cometer un gran pecado.

 

E botáronlle no viño,

unhas cuantas porquerías,

para ver si o probe vello,

de un reventón se morría.

 

Mais o ver que aquelas cousas,

non lles daban resultado,

cosérono a coitelazos,

e coma morto o deixaron.

 

Antón o verse ferido,

berrou como un porco bravo,

e levando as mans o peito,

espernexou de contado.

 

E chegaron os civiles,

e ambolos tres apresaron,

puxéronlle-las  esposas,

e diante ó xuíz os levaron.

 

E no carcere da Lama,

van cumplindo a  penitencia.

esperando que o avogado,

lles dé as novas da sentencia.

Un rapaz que está estudiando no Conservatorio de Música Tradicional de Lalín, pedíume que lle fixera un cantar de cego a modo dos de antes pra podelo cantar coa zanfoña. Pra facelo inspireime nos antigos cantres de cego e nun crime acontecido en Lalín xa fai moitos anos e na noticia dada no seu día polo Faro de Vigo. Anque os nomes non corresponden cos da realidade, os feitos son tal cual aconteceron.

Imagen

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s