LECCION MAXISTRAL SOBRE O MOUCHO


 O MOUCHO

       O moucho é un animal voador que durante o día non vé nada e durante a noite é mais cego que unha toupa, e eso que ten os ollos moi grandes, pero son atrofiados pois casi todo son plumas. Ao ser un animal nouturno, non se sabe moito sobre a súa vida pois é moi complicada a súa investigación, polo tanto vou a falar de un animal diúrno e do que me sei mellor a súa fisioloxía…

A VACA.
A vaca é un animal mamífero que ten seis lados, o esquerdo, o dereito, o de riba, o de abaixo, o traseiro onde ten un rabo que remata nunha brocha barbeira e coa que mata as moscas e os tabaos que andan ó leite, e o dianteiro, que é onde está a cachola e que lle serve para suxeitar os cornos a boca e o nariz. Os cornos sirvenlle para escornear e defenderse, a boca e o nariz non.
Pola parte de abaixo ten os tubos por onde sae o leite e que deben de estar taponados para que non caia. ¿Como quita os tapóns? Pois a verdade é que nunca o logrei entender, pero os seus donos si que o saben.
O home da vaca é o boi, pero este non é mamífero, é ruminante porque come dúas veces. Ademais non dá leite porque non ten tubos por onde sair.

          A vaca distínguese dos mouchos en que cando ten fame brua, e cando non di nada é que está chea de herba por dentro.

          Ten catro patas que lle chegan ata o chan e un olfato moi desenvolvido anque pouco ten que cheirar, pois o aire no rural é moi limpo e non cheira a nada.

           A vaca reprodúcese ela sola por medio de cuxos, pois o seu  home, o boi, vive na casa dun veciño de outra aldea e solo ven a visitala unha vez o ano.

(Un dos contos do Tio Xanete)

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s