MANUELIÑO DA REVOLTA


MANUELIÑO DA REVOLTA

          A Manueliño da Revolta, tíñano coma o lelo da aldea e a todo o mundo lle gustaba meterse con él. E él, a verdade, axudaba a que pareceran certos os comentarios da xente. Mesmo parecía que non corría o sangue polo seu corpo e pasaba a maor parte do día sentado no balado do prado da Raíña mirando pras amoras que medraban nas silveiras.

          Pola noite, sempre se achegaba hasta a taberna onde se xuntaban os que mais se metían con él e sempre lle facían a misma trangallada. Poñíanlle sobre do mostrador duas moedas, unha grande de un real e outra mais pequena de dous  e decíanlle:

          – A ver Manueliño, colle pra ti a moeda que mais che guste.

           E Manueliño sin pensalo duas veces, collía a mais grande pero que tiña menos valor. As risas dos seus veciños sentíanse na aldea do lado o pensar no pasmón que era collendo a moneda que menos valía.

           Un día, Moncho de Trascastro, que miraba moito por él, díxolle:

            – Manueliño , cando na taberna che dén a escoller as dúas moedas, tés que coller a  mais pequena, que val por dúas das grandes. Xa verás como non se rin mais de ti o pensar que non eres tan pasmón como pareces.

            Pero Manueliño contestoulle:

             – Non ó. Déixaos que se rian de min, xa sei que a moeda mais cativa é a que mais val, pero si a collo acabáronse as risas e non me volven facer o xogo mais veces. Así, alo menos teño todos os días unha moeda.

(Contoumo o Sr. Silverio Fuciños. Zoqueiro dos de antes do Concello das Cruces)

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s