CARMELIÑA DE CAMPELOS E FARRUQUIÑO DE ARRIBA


CARMELIÑA DE CAMPELOS E FARRUQUIÑO DE ARRIBA

Carmeliña de Campelos, 

un día de primavera,

estaba tomando a sesta,

deitada tras da palleira.

 

O Farruquiño de Arriba,

desde o cimo dunha casa,

ao ver que estaba durmindo,

foise achegando á rapaza.

 

Caladiño coma un rato,

xunto dela, se deitou,

quíxolle dar un abrazo,

pero Carmen espertou.

 

–Atrás Xan ! ou condenado !

Sei que vés adoecido!.

Inda non me abraza un grande,

pra canto máis un cativo.

 

–Sei que tes moita fachenda

porque estás apercibida.

Pois anque che son pequeno

tamén teño dereito á vida.

 

Téñoche unha gaita nova

e saíucheme moi boa,

para tocar a miña muller

o día da nosa voda.

 

Ela estaba escondida

fartándose de reir.

–Primeiro habemos durmir xuntos,

pra ver se dás bo durmir.

 

–Pois cando queiras durmimos

que eu xa estou rabeando

e xa me podes dicir

o día que hei de ir

 

–Pois logo vén o domingo,

entrarás polo balcón.

Xa entras na miña cama

dereito a aquel rincón.

 

Entrou Xan polo balcón,

contento e emocionado,

foi dar á cama da vella

que tiña cento e un anos.

 

Encendeu unha cerilla,

pasoulle as mans pola cara,

dixo : – A esta non me arrimo

que está moi engurripada.

 

Deitouse Xan a modiño,

a vella sen despertar,

a vella ronca que ronca

nunca lle puido falar.

 

Cando a vella despertou,

viu aquel home na cama,

botouse dela en camisa,

polos veciños chamaba.

 

O Xan notouse apurado,

tirouse polo balcón,

antes que viñera a xente,

e o tratase de ladrón.

(Recitada por uns mariñeiros de Fisterra o 18 de Febreiro do 1982)

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s