ROMANCE DE MARIA DA CANCELIÑA


ROMANCE DE MARIA DA CANCELIÑA

Un domingo pola trde,

María da Canceliña,

foi segar unha pouca d’herba,

ó prado da Fontaíña.

 

Cadrou que na misma hora,

Andrés da Revolta viña,

de tornar a auga da veiga

que arrimada á dela tiña.

 

Cando chega Andrés ao prado,

miraille como a mira,

¿Queres que vaia a axudarche

a segar a herba, María?

 

A outra cousa, moitas gracias,

que a teño que eu segar,

que a túa ala ter apurada,

e non has querer esperar.

 

Cando estou á túa beira

nunca che estou apurado,

que ti es a que me tes,

o meu corazón roubado.

 

O teu corazón, Andrés,

telo no peito encerrado,

pra lle dar a quen ti queiras

que pra min no tes guardado.

 

Digo eu, hasme de crer,

téñoche moito cariño,

ven prá casa dos meus pais

e andaremos o camiño.

 

Antes de ir onde os teus pais

teño que falar contigo,

quero ver si é que ti queres

tomar amores comigo.

 

Tomar amores contigo

pra min sería unha fortuna,

que non quero tomar amores

con outra nena ningunha.

 

Marcharon os namorados

moi contentos de alegría,

que xa quedaron citados

pra volver ao outro día.

 

Ao outro día a María,

mandárona ir á herba,

e non se lle vían pousar,

os pés na terra siquera.

 

Ao pasar o Pasadeiro

xa ven o Andrés de contado,

regañando a moa e rindo

tras dun salgueiro deitado.

 

Quéroche vir de contado

ahoriña a falar contigo,

ou dixécheslle aos teus pais

que te quedaras comigo.

 

Ao sair desta apurada,

Andrés fálame por Dios,

ao pesar da nosa vida,

eu non sei que ha ser de nós.

 

A teu lado non me sento,

porque o demo éche tendeiro,

que se cadra sen pensar

prende lume do chisqueiro.

 

Porque o lume xunto a estopa,

debe ter moito coidado,

porque se lle asopra o demo,

acende o lume de contado.

 

Válgate Dios, Maruxiña,

pra que tes tanto coidado,

o pau que ha de ser pró lume

xa naceu pra ser queimado.

 

Séntate aquí ao meu lado,

e entre os dous acordaremos

en que tempo che parece

é millor que nos casemos.

 

(Un cantar moi coñecido polos concellos de Beariz, Doade e Avión. Cantoumo e escribiumo o Sr. Dositeo Castro do Seixido un día de feira en Beariz)

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s